Talk Talk foi unha banda inglesa activa dende 1981 ata 1991. O grupo foi parte do movemento new wave inglés que tamén incluía a artistas como Duran Duran e tivo unha serie de sinxelos exitosos nos seus primeiros anos como "Today", "Talk Talk", "It's My Life", "Such a Shame" e "Dum Dum Girl". Sempre incómodos cos requisitos e a presión da industria do pop, Talk Talk afastouse do synthpop cara a unha música máis experimental a mediados dos 80. Uns poucos máis sinxelos, como "Life's What You Make It" e "Living in Another World", conseguiron o éxito en Europa, pero o seu atractivo comercial baixou rapidamente a medida que a súa reputación aumentaba.

A banda separouse en 1991. O vocalista Mark Hollis editou un álbum en solitario antes de retirarse da industria musical. O baixista e o batería fundadores Paul Webb e Lee Harris tocaron nun feixe de bandas xuntos; o cuarto membro de facto, Tim Friese-Greene continua no negocio como músico e produtor. Os seus derradeiros dous álbums, Spirit of Eden e Laughing Stock, foron moi aclamados e son moi influentes no rock alternativo experimental, especialmente no post-rock. 25 anos despois da publicación de Spirit of Eden, que The Guardian considerou a súa obra mestra, Talk Talk era aínda eloxiada como un exemplo clásico dunha banda que se negou a comprometer a súa arte polas presións comerciais, e Hollis e os seus compañeiros son vistos como uns dos artistas máis interesantes que saíron do movemento synthpop dos 80.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo The Party's Over 1982 EMI It's My Life 1984 EMI The Colour of Spring 1986 EMI Spirit of Eden 1988 Parlophone, EMI Laughing Stock 1991 Verve Records, Polydor

Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de synthpop Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais formados en 1981 Categoría:Grupos musicais separados en 1991