Un refrixerante é un produto químico líquido ou gasoso, facilmente licuable, que se utiliza como medio transmisor de calor entre outros dous nunha máquina térmica. Os principais usos son os de refrixerador e os de acondicionador de aire.
O principio de funcionamento dalgúns sistemas de refrixeración baséase nun ciclo de refrixeración por compresión, que ten algunhas similitudes co ciclo de Carnot e utiliza refrixerantes como fluído de traballo.
Historia Cando comezaron as preocupacións pola capa de ozono, os refrixerantes máis usados eran os clorofluorocarbonos R-12 e R-22. O primeiro era empregado principalmente para aire acondicionado de vehículos e para pequenos refrixeradores; o segundo para aire acondicionado, refrixeradores e conxeladores comerciais, residenciais e lixeiros. Algúns dos primeiros sistemas empregaron o R-11 polo seu baixo punto de ebulición, o que permitía construír sistemas de baixa presión.
A produción de R-12 cesou nos Estados Unidos en 1995 e o R-22 foi eliminado posteriormente. Agora estase empregando o R-134a e outras mesturas non prexudiciais para a capa de ozono como substituto dos compostos clorados. O R-410A é unha popular mestura a partes iguais de R-32 e R-125 que comeza a substituír o R-22.
Características dos refrixerantes Punto de conxelación: debe de ser inferior a calquera temperatura que exista no sistema, para evitar conxelacións no evaporador. Calor específica: Debe ser a máis alta posible para que unha pequena cantidade de líquido absorba unha gran cantidade de calor. Volume específico: debe ser o máis baixo posible para evitar grandes tamaños nas liñas de aspiración e compresión Densidade: debe ser elevada para usar liñas de líquido pequenas. A temperatura de condensación, á presión máxima de traballo debe ser a menor posible. A temperatura de ebulición, á presión atmosférica ou próximas debe de ser relativamente baixa. Punto crítico: o máis elevado posible. Non deben ser líquidos inflamables, corrosivos nin tóxicos. Posto que deben interaccionar co lubricante do compresor, deben ser miscibles na fase líquida e non ser nocivos co aceite. Os refrixerantes, aprovéitanse en moitos sistemas para refrixerar tamén o motor do compresor, normalmente un motor eléctrico, polo que deben ser bos dieléctricos, é dicir, ter unha baixa condutividade eléctrica.
Tipos Pola súa composición química Os inorgánicos, como a auga ou o NH3: Amoníaco Os de orixe orgánica (hidrocarburos e derivados): Os CFC, Clorofluorocarbonos, prexudiciais para a capa de ozono Os HCFC. Hidrocloroflurocarbonados Os HFC. Os HC: Hidrocarburos (alcanos e alquenos) As mesturas, azeotrópicas ou non azeotrópicas.
Polo seu grao de seguridade GRUPO 1: non son combustibles nin tóxicos. GRUPO 2: tóxicos, corrosivos ou explosivos a concentracións maiores de 3,5% en volume mesturados co aire. GRUPO 3: tóxicos, corrosivos ou explosivos a concentracións menores ou iguais a 3,5% en volume.
Polas súas presións de traballo Baixa Media Alta Moi alta
Pola súa función Primario: se é o axente transmisor no sistema frigorífico, e polo tanto realiza un intercambio térmico principalmente en forma de calor latente. Secundario: realiza un papel de intercambio térmico intermedio entre o refrixerante primario e o medio exterior. Realiza o intercambio principalmente en forma de calor sensible.
Poden ser prexudiciais para a capa de ozono: Índice ODP e axudar o efecto invernadoiro: Índice GWP
Refrixerantes comunmente usados Auga Amoníaco ou R717 Glicol R11 R12 R22 R23 R32 R123 R124 R134a R502 R407C R410A R507 R517
Véxase tamén Outros artigos Freón
Categoría:Refrixeración