Mamede de Capadocia ou Mamede de Cesarea,Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. nado en Cesarea de Capadocia (Imperio Romano) no 259 e finado na Capadocia en 275, foi un mártir cristián, coñecido como San Mamede. A Igrexa Católica celebra o seu día o 17 de agosto.
En Galicia venérase baixo os nomes de San Mamede, San Amedio e San Nomedio. Lenda Fillo de Teodoto e Rufina, dous plebeos cristiáns encarcerados e martirizados cando neno. Naceu en prisión e foi adoptado por unha viúva patricia que ao seu pasamento deixoulle a súa herdanza cando só tiña 15 anos. Mamede utilizou a súa fortuna para favorecer os marxinados e non ocultou a súa condición de cristián. Isto fíxoo vítima dunha dura represión por parte do Gobernador de Cesarea de Capadocia.
Tras sufrir cadea e torturas, fuxiu ao monte onde conviviu entre as feras, tendo a facultade de amansalas. Localizado e detido, foi sometido á morte no circo ceibándolle varios leóns, pero estes respectárono e amosáronlle docilidade. En consecuencia, foi atravesado polo tridente dun gladiador ata falecer desangrado.
Significación Son moitas as parroquias e accidentes xeográficos en Galicia adicadas á súa advocación. A implantación do cristianismo en comunidades rurais da Gallaecia supuxo a substitución de tradicións galaicas prerromanas referidas a deidades masculinas adolescentes da natureza pola figura deste santo mozo.
En Bilbao, existiu existiu o maior orfanato de Europa baixo o seu padroado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede
Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Nados en 259 Categoría:Finados en 275 Categoría:Nados na provincia de Kayseri