miniatura|Ceo condensado (1987). Münster, Alemaña Giovanni Anselmo, nado en Borgofranco d'Ivrea o 5 de agosto de 1934 e finado o 18 de decembro de 2023, foi un escultor italiano e un os principais representantes da arte Povera, que consiste en achegarse á natureza da materia orgánica e inorgánica.

Traxectoria O espazo tempo no que o espectador se introduce e participa ante a obra de Anselmo non é a metáfora da sensibilidade senón a existencia real desta sensibilidade e da súa produción. A obra de Giovanni a fin de explicar as mutacións da existencia e da historia fundaméntase nesa noción da realidade na que se sitúa o home e a súa inestabilidade no medio, nas mutacións, nas perturbacións dos materiais, da enerxía e das forzas contrarias como a gravidade. De modo que rompe co concepto de representación formal a través das mutacións temporais, que son metáfora do tempo imaxinado, pasado, presente e futuro. As obras de Anselmo xorden sempre dunha relación consigo mesmo, das súas experiencias persoais e individuais, suxerindo o modo no que el se sitúa na terra. Este artista utiliza os materiais de acordo coas súas características específicas. Así utilizou o ferro como metáfora temporal porque se oxida e desaparece, e tamén do azucre, a graxa, o pan, a auga ou a leituga. Mentres que a pedra, aparece polo seu peso, por ter a mesma orixe que o home, pola súa evolución, suxerindo así unha tensión tempo-espazo. En Senza titolo de 1968 composta por leituga, granito, serraduras e cobre; a leituga cando se deshidrata co paso do tempo diminúe o volume e co paso do tempo tenda a caer nas serraduras.

Obra (escolma) Infinito (1971) Specchio (1968) Torsione (1968) L'Aurea della Pittura (1996)

Véxase tamén

Bibliografía Moure, G; Anselmo, G.; Cora, B.: Giovanni Anselmo. Polígrafa, 1995

Ligazóns externas Fernández Campón, M.: Sobre la espera. Un itinerario . Giovanni Anselmo: Materia y monocromo .

Categoría:Arte contemporánea Categoría:Nados na provincia de Turín Categoría:Nados en 1934

Categoría:Finados en 2023