miniatura|Tubos capilares, con diferentes características de adhesión e forza vertical. miniatura|A válvula VET comunica o seu bulbo sensor de temperatura por medio dun tubo capilar.
Un tubo capilar é un dispositivo de pequeno diámetro interior (0,8 a 2 mm) e grande lonxitude empregado nos sistemas de refrixeración como dispositivo de expansión e situado na entrada do evaporador.
Funcionamento en sistemas de refrixeración A expansión do fluído refrixerante obtense pola caída de presión ao seu paso polo tubo, é dicir, un aumento das perdas de carga debido a grande lonxitude e pequeno diámetro deste. Débese colocar un filtro de partículas antes do tubo para evitar obstrucións. Debido a súa lonxitude fixa o tubo capilar non pode acadar un axuste automático do caudal de fluído cara ao evaporador en función da súa carga térmica. Esta consideración fai resaltar que a alimentación por medio do tubo capilar resérvase aos evaporadores nos que a súa carga térmica varía pouco e cando se trata de potencias frigoríficas moderadas (instalacións domésticas de pequena potencia servidas por compresores herméticos). Vantaxes As súas vantaxes fronte aos outros sistemas de expansión: Sinxelo. Fiable: non ten pezas móbiles. Facilidade de reparación. Non precisa recipiente de líquido.
Desvantaxes Rixidez: non permite adaptar o caudal de fluído refrixerante as variacións de carga térmica e de temperatura do medio.
Categoría:Refrixeración