1,1,1,2 Tetrafluoroetano ou R-134a é un fluído refrixerante moi utilizado no aire acondicionado dos automóbiles e en equipos de refrixeración doméstica e industrial. É un HFC que substitúe dende principios dos anos 90 ao antigo refrixerante R12 que era prexudicial para a capa de ozono e favorecía ao quentamento global.
Como todos os HFC non dana a capa de ozono pero afecta ao cambio climático, ten unha grande estabilidade térmica e química, non é tóxico nin inflamable, e ademais ten unha excelente compatibilidade coa maioría dos materiais.
Non é miscible cos aceites tradicionais do R12 pero si o é cos aceites poliésteres (POE) polo que debe utilizarse sempre con este tipo de aceites.
Unha das vantaxes fronte ao R12 é que ten unha temperatura final de compresión máis baixa. Por utra banda ten como desvantaxe que a máquina frigorífica precisa un maior caudal de fluído, é dicir necesítase un compresor máis grande.
Véxase tamén Ligazóns externas Características R134a Dupont
miniatura|R-134a.
Categoría:Termodinámica Categoría:Aerodinámica Categoría:Enxeñería mecánica