Michael Jackson's Ghosts é un filme musical dirixido por Stan Winston que se estreou en 1997. Está protagonizado por Michael Jackson, que tamén co-escribiu o guión co novelista de terror Stephen King. Foi estreado internacionalmente en LaserDisc, VHS e Vídeo CD. Jackson interpreta un total de cinco papeis diferentes.
O filme conta a historia dun sinitro personaxe con poderes sobrenaturais, que é forzado a abandonar a pequena vila onde vive polo seu alcalde, caracterizado coma un home arrogante, e que garda semellanza con Thomas Sneddon (o principal instigador de Jackson no caso de abusos sexuais a menores). O filme inclúe unha serie de coreografías executadas por Michael Jackson e a súa familia de pantasmas. Todas as cancións do filme foron extraídas dos álbums HIStory: Past, Present and Future - Book I e Blood on the Dance Floor: HIStory in the Mix.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Stan Winston