Hotel Chevalier é unha curtametraxe franco-estadounidense de 13 minutos de duración, escrita e dirixida por Wes Anderson que foi estreada en 2007 e funciona como prólogo do filme tamén de 2007 The Darjeeling Limited, do propio Anderson. Os seus actores, Jason Schwartzman e Natalie Portman, interpretan a unha pasada parella de namorados que se reúnen nunha habitación de hotel parisiense. Filmouse nun verdadeiro hotel de París por un pequeno equipo e foi autofinanciada por Anderson, quen preveu inicialmente facer unha obra independente. A súa estrea produciuse canda a longametraxe que acompaña, no Festival Internacional de Cine de Venecia o 2 de setembro de 2007, e fixo a súa estrea autónoma máis adiante nese mes nas Apple Store de catro cidades estadounidenses. O día despois da súa première, ofreceuse de balde na iTunes Store durante un mes, no que foi descargada máis de 500.000 veces. A curta acadou un amplo recoñecemento por parte da crítica que a comparou favorablemente con The Darjeeling Limited e gabou a súa riqueza e coidada preparación, algo que constitúe o selo de identidade do director texano.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Hotel Chevalier na revista Errata . Hotel Chevalier (YouTube). Raphael Hotel

Categoría:Curtametraxes Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Wes Anderson Categoría:Filmes rodados en París