O Gran Premio de Italia de 1979 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Autodromo Nazionale Monza o 9 de setembro de 1979. A carreira, que se disputou sobre 50 voltas, foi a décimo terceira proba da tempada de . Gañouna o surafricano Jody Scheckter pilotando un Ferrari. Scheckter logrou o actual campionato de pilotos, mentres que Ferrari asegurou o Campionato de Construtores.

Resumo da carreira

Antecedentes Monza foi renovado para o ano 1979, a pista asfaltouse de novo e agregáronse zonas de seguridade na Curva Grande e na curva Lesmo.

A lista de inscritos foi ampliada polo retorno do equipo Alfa Romeo, que participara en Bélxica e Francia a principios de tempada. Alfa Romeo enviou dous coches: un novo chasis 179 para Bruno Giacomelli e o vello 177 para Vittorio Brambilla, que corría por primeira vez desde o accidente na carreira do ano anterior en Monza que se cobrou a vida de Ronnie Peterson. Mentres tanto, o mexicano Héctor Rebaque tivo o seu chasis HR100 listo por primeira vez, mentres que o suízo Marc Surer, logo de gañar o campionato europeo de Fórmula dúas de 1979 o mes anterior, fixo a súa primeira aparición na Fórmula Un pilotando o Ensign en lugar de Patrick Gaillard.

Eliminatorias Os motores turbo de Renault foron rápidos na cualificación e encheron a primeira fila da grella, con Jean-Pierre Jabouille por diante de René Arnoux. Foi a cuarta pole de Jabouille da tempada, e a sexta de Renault. Scheckter e Alan Jones no Williams formaron a segunda fila, mentres que na terceira estaban os seus respectivos compañeiros de equipo, Gilles Villeneuve e Clay Regazzoni. O top ten completouse con Jacques Laffite no Ligier, os Brabhams de Nelson Piquet e Niki Lauda e Mario Andretti no Lotus.

Carreira Os Renault eran lentos na liña de saída e así Scheckter conseguiu adiantarse, con Arnoux segundo. Jones tamén fixo unha mala saída e caeu á parte traseira da pista, quedando Villeneuve terceiro e Laffite cuarto logo dunha rápida saída. Na 2ª volta, Arnoux pasou a Scheckter no liderado, mentres que Piquet estrelouse despois de engancharse con Regazzoni.

Durante as seguintes once voltas Arnoux, Scheckter, Villeneuve, Laffite e Jabouille correron pegados, con Regazzoni sexto algo mais distante. Logo, na volta 13, o motor de Arnoux comezou a fallar, dando lugar a súa retirada. Así Scheckter recuperou o liderado, con Villeneuve tras el. Máis adiante, Laffite e Jabouille tamén sufriron fallos de motor, ascendendo Regazzoni a terceiro.

Scheckter finalmente pasou a bandeira a cadros medio segundo por diante de Villeneuve e, acadou o campionato de pilotos. Este dobrete de Ferrari na súa carreira en casa tamén lles asegurou o campionato de construtores. Regazzoni, concluíu catro segundos por detrás de Villeneuve e 50 por diante de Lauda, os últimos puntos foron para Andretti e Jean-Pierre Jarier no Tyrrell.

Clasificación

Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 11 Jody Scheckter Ferrari 50 1:22:00.22 3 9 2 12 Gilles Villeneuve Ferrari 50 + 0´46 5 6 3 28 Clay Regazzoni Williams-Ford 50 + 4´78 6 4 4 5 Niki Lauda Brabham-Alfa Romeo 50 + 54´40 9 3 5 1 Mario Andretti Lotus-Ford 50 + 59´70 10 2 6 4 Jean-Pierre Jarier Tyrrell-Ford 50 + 1:01.55 16 1 7 2 Carlos Reutemann Lotus-Ford 50 + 1:24.14 13 8 14 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 49 + 1 volta 20 9 27 Alan Jones Williams-Ford 49 + 1 volta 4 10 3 Didier Pironi Tyrrell-Ford 49 + 1 volta 12 11 9 Hans-Joachim Stuck ATS-Ford 49 + 1 volta 15 12 36 Vittorio Brambilla Alfa Romeo 49 + 1 volta 22 13 29 Riccardo Patrese Arrows-Ford 47 + 3 voltas 17 14 15 Jean-Pierre Jabouille Renault 45 Motor 1 Ret 26 Jacques Laffite Ligier-Ford 41 Motor 7 Ret 20 Keke Rosberg Wolf-Ford 41 Motor 23 Ret 25 Jacky Ickx Ligier-Ford 40 Motor 11 Ret 18 Elio de Angelis Shadow-Ford 33 Embrague 24 Ret 35 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 28 Trompo 18 Ret 16 René Arnoux Renault 13 Motor 2 Ret 7 John Watson McLaren-Ford 13 Accidente 19 Ret 8 Patrick Tambay McLaren-Ford 3 Motor 14 Ret 30 Jochen Mass Arrows-Ford 3 Suspensión 21 Ret 6 Nelson Piquet Brabham-Alfa Romeo 1 Accidente 8 NSC 17 Jan Lammers Shadow-Ford NSC 22 Marc Surer Ensign-Ford NSC 24 Arturo Merzario Merzario-Ford NSC 31 Héctor Rebaque Rebaque-Ford

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Jody Scheckter 51 (57) 2 Gilles Villeneuve 38 3 Jacques Laffite 36 4 Alan Jones 34 5 Clay Regazzoni 27 (28)

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 95 2 Williams-Ford 62 3 Ligier-Ford 61 4 Lotus-Ford 39 5 Tyrrell-Ford 22

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os mellores 4 resultados das primeiras 7 carreiras e os 4 mellores resultados das últimas 8 carreiras contan para o campionato de pilotos. Números sen paréntesis son puntos no Campionato; os números entre paréntesis son os puntos totais anotados.

Notas Líderes por volta: Jody Scheckter 39 voltas (1, 13-50); René Arnoux 11 voltas (2-12) Esta foi a décima e derradeira vitoria de Scheckter na F1.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1979 Categoría:Gran Premio de Italia de Fórmula 1