Os Providence Bruins son un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Providence, Rhode Island (Estados Unidos). Os Providence Bruins compiten nunha das ligas menores de América do Norte, a American Hockey League (AHL), sendo un dos equipos afiliados dos Boston Bruins da National Hockey League (NHL). O equipo xoga os seus partidos como local no Dunkin' Donuts Center de Providence, un pavillón con capacidade para 11.940 espectadores.

Historia

Os Providence Bruins comezaron a operar a principios da tempada 1992-93 da AHL despois de que o alcalde de Providence Buddy Cianci negociara un acordo cos propietarios dos Maine Mariners, Frank DuRoss e Ed Anderson, para trasladar o equipo. O traslado do equipo de Portland (Maine) fixo que Providence volvese á AHL por primeira vez dende que os Providence Reds, un dos equipos fundadores da liga, deixase a cidade en 1977.

Os Bruins conseguiron a súa primeira Calder Cup nos play-offs de 1999, logo dunha liga regular na que os de Providence dominaron a liga con 56 vitorias. Dirixidos polo adestrador debutante Peter Laviolette e o gañador do Les Cunningham Award Randy Robitaille, os Bruins pasaron das 19 vitorias da tempada anterior a derrotar aos Rochester Americans por 4 partidos a 1 para gañar o seu primeiro título de liga.

Na tempada 2001–2002, os Providence Bruins contrataron ao músico de 13 anos Ben Schwartz para traballar como organista oficial en todos os partidos como local. Como resultado, Schwartz, que tocou durante sete anos ata a finalización da tempada 2007–08, ostentou o título de ser o organista máis novo en traballar nunha franquía profesional norteamericana.WLNE-TV and WPRI-TV featured stories about Ben Schwartz

En agosto de 2006, DuRoss vendeu a maior parte das súas participacións no club ao empresario de Massachusetts H. Larue Renfroe.

Personalidades Capitáns Sean Curry (2005–2006) Nate Thompson (2006–2008) Jeremy Reich (2008–2009) Trent Whitfield (2009–2010) Jeremy Reich (2010–2011) Trent Whitfield (2011–2013) Mike Moore (2013-)

Adestradores Mike O'Connel (1992-1994) Steve Kasper (1994-1995) Bob Francis (1995-1997) Tom McVie (1997-1998) Peter Laviolette (1998-2000) Bill Armstrong (2000-2001) Mike Sullivan (2001-2002) Scott Gordon (2002-2008) Rob Murray (2008-2011) Bruce Cassidy (2011-)

Líderes históricos Nunha tempada Goles: Tim Sweeney, 41, (1992–93) Asistencias: Randy Robitaille, 74, (1998–99) Puntos: Randy Robitaille, 102, (1998–99) Penalty minutes: Aaron Downey, 407, (1997–98) GCP: Tim Thomas, 1.84, (2003–04) SV%: Tim Thomas, .941, (2003–04)

Na carreira Goles: Andy Hilbert, 101, (2001–05) Asistencias: Andy Hilbert, 109, (2001–05) Puntos: Andy Hilbert, 210, (2001–05) Penalty minutes: Aaron Downey, 1059, (1997–00, 07) Vitorias (porteiros): John Grahame, 67, (1997–2001) Shutouts: Tim Thomas, 10, (2002–06) Partidos: Jay Henderson, 278, (1998–03, 2004-05)

Trofeos Trofeos colectivos miniatura|Os Providence Bruins conseguiron a Calder Cup na tempada 1998-99. Calder Cup: 1 1998-1999

Macgregor Kilpatrick Trophy: 3 1998-1999, 2007-2008, 2012-2013

Emile Francis Trophy: 3 2002-2003, 2007-2008, 2012-2013

F. G. "Teddy" Oke Trophy: 2 1992-1993, 1998-1999

Frank Mathers Trophy: 1 2007-2008

Richard F. Canning Trophy: 1 1998-1999

Trofeos individuais Aldege "Baz" Bastien Memorial Award: 1 Niklas Svedberg: 2012-2013

Eddie Shore Award: 2 Jeff Serowik: 1994-1995 Johnny Boychuk: 2008-2009

Fred T. Hunt Memorial Award: 2 Kent Hulst: 2000-2001 Jordan Sigalet: 2007-2008

Jack A. Butterfield Trophy: 1 Peter Ferraro: 1998-1999

Les Cunningham Award: 1 Randy Robitaille: 1998-1999

Louis A. R. Pieri Memorial Award: 2 Peter Laviolette: 1998-1999 Scott Gordon: 2007-2008

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Providence Reds

Ligazóns externas Sitio web oficial dos Providence Bruins Equipo actual The Internet Hockey Database – Providence Bruins

Categoría:Equipos da AHL Categoría:Boston Bruins