Bioetanol Galicia é unha empresa galega do sector enerxético situada en Curtis fundada en 2002 por Abengoa que a vendeu en 2017. A súa produción emprégase como aditivo nas gasolinas sen chumbo.

Factoría A fábrica está situada no Polígono industrial Curtis-Teixeiro nunha superficie de 150.000 metros cadrados que ocupaba a antiga factoría siderúrxica Sidegasa. Investíronse 108,6 millóns de euros na súa construción.

O centro ten unha capacidade de produción de 196 millóns de litros anuais de bioetanol, 130.000 toneladas de gran soluble deshidratado para pensos, e 204 megavatios anuais de produción eléctrica. Anualmente consome 340.000 toneladas de cereais e uns 50 millóns de litros de alcohol vínico e outros.

En 2017 Abengoa vendeu o seu negocio de bioetanol a Trilantic Europe por 111 millóns de euros.

Condena En 2012 a empresa foi condenada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia cunha sanción de 30.001 euros por unha denuncia do Consello da Xunta en 2010 por empregar a etiqueta eco nun dos seus produtos para fabricar penso"Bioetanol debe pagar una multa de 30.000 euros por usar la etiqueta ´eco´", artigo en La Opinión de A Coruña, 26 de abril de 2012 ..

Notas

Categoría:Curtis Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Etanol Categoría: Industria de Galicia