A masa sonora ou masa de son é unha textura musical cuxa composición, en contraste con outras texturas máis tradicionais, «minimiza a importancia das alturas musicais individuais para preferir a textura, o timbre e a dinámica como principais formadores do xesto e o impacto».Edwards, J. Michele: «North America since 1920» en ed. K. Pendle: Women & Music: A History. Indiana University Press, 2001 , pp. 326-327
Descrición Esta técnica foi desenvolvida partindo dos clústers empregados no modernismo musical e que despois se estendeu á escritura orquestral contra finais dos anos 1950 e 1960. A masa sonora «esvaece a fronteira entre o son e o ruído». Unha textura pode disporse de tal xeito que «estea moi próxima ao status de conxunto fusionado de timbres dun único obxecto, por exemplo o acorde Northern lights..., nunha distribución moi interesante de alturas, produce un son fusionado que se apoia nun redobre de prato suspendido.»Erickson, Robert: Sound Structure in Music. University of California Press, 1975, pp. 166-168
Entre as técnicas que poden dar lugar á masa sonora, ou ben ser aplicadas con ela, inclúense técnicas estendidas como os metais ou cordas axordiñados, o flutter-tonguing, o vibrato amplo, os rexistros extremos e os glissandi.
Compositores e obras A utilización de "acordes que se aproximan a timbres" comezou da man de Debussy e Edgard Varèse quen anotaban coidadosamente cada parte instrumental para que se fusionara formando un timbre de conxunto ou masa sonora.Erickson, Robert: Sound Structure in Music. University of California Press, 1975, pp. pp. 18-21
No entanto, unha das mostras máis temperás deuse moito antes no tempo. Trátase do inicio do ballet Les Elémens (1737-1738) do compositor barroco Jean-Féry Rebel, no cal o caos está representado por un clúster orquestral gradualmente acumulativo formado polas sete notas da escala de Re menor.Henck, Herbert: Klaviercluster: Geschichte, Theorie und Praxis einer Klanggestalt. LIT Verlag Münster, 2004, pp. 52-54 Outro exemplo máis recente é o terceiro movemento do Cuarteto de corda de Ruth Crawford Seeger, que data de 1931. Así como a música baseada en pedais múltiples de Phill Niblock.
Encontramos máis mostras nas composicións "texturais" da década de 1950 e 1960: Gruppen para tres orquestras (1955-57) e Gesang der Junglinge (1956), de Karlheinz Stockhausen. Tren ofiarom Hiroszimy (1959) de Krzysztof Penderecki. Composicións de György Ligeti que empregan a micropolifonía como Atmosphères (1961) ou o seu Réquiem (1963-65). Obras orquestrais de Iannis Xenakis como Metastaseis (1953-54) e Pithoprakta (1955-56). Sound Patterns for chorus (1961) de Pauline Oliveros. From Dreams of Brass for chorus (1963-1964) de Norma Beecroft. Beecroft «desdebuxa as notas individuais para favorecer un timbre colectivo mediante o uso de clústers vocais e instrumentais, recitados corais, narrador e unha estela de sons dunha cinta electrónica».
Do mesmo xeito, a técnica de masas sonoras aparece na produción doutros compositores como Witold Lutosławski, Karel Husa, Kazimierz Serocki, Tadeusz Baird, Henryk Górecki, Martin Bresnick, Steven Stucky, George Crumb,«Synopsis of Twentieth Century Styles and Composers» en University of Northern Colorado Barbara Kolb, ou Nancy Van de Vate.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Harmonía Melodía Espectralismo
Bibliografía Específica Cope, David: Techniques of the Contemporary Composer. Schirmer, 1997. ISBN 0-02-864737-8 Drott, Eric: «Lines, Masses, Micropolyphony: Ligeti's Kyrie and the 'Crisis of the Figure'» en Perspectives of New Music, 49 (1):4-46, 2011. (JSTOR) Edwards, J. Michele: «North America since 1920» en Pendle, K. (ed.): Women & Music. Indiana University Press, 2001 . (Google libros) Erickson, Robert: Sound Structure in Music. University of California Press, 1975. (Google libros) Fortune, Nigel: «Monody» en Grove Music Online ed. L. Macy (consultado el 24-09-2006). Frobenius, Wolf: «Polyphony» en Grove Music Online ed. L. Macy (consultado el 24-09-2006). Griffiths, Paul: «Ligeti, György (Sándor)» en New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. Londres: Macmillan, 2001 . Henck, Herbert: Klaviercluster: Geschichte, Theorie und Praxis einer Klanggestalt. LIT Verlag Münster, 2004. (Google libros) Steinitz, Richard: György Ligeti: Music of the Imagination. Faber & Faber, 2011 . (Google libros)
Xeral Benward, Bruce & Saker, Marilyn: Music in Theory and Practice, vol. 1 & 2. McGraw-Hill, 2009 . Copland, Aaron: What to Listen for in Music. Penguin, 1957. Cómo escuchar la música. Fondo de Cultura Económica, 2008. (Google libros) Corozine, Vince: Arranging Music for the Real World: Classical and Commercial Aspects. Mel Bay, 2011. (Google libros) DeLone, Richard: «Timbre and Texture in 20th-Century Music» en Aspects of 20th-Century Century Music. Prentice Hall, 1975, pp. 111–113. (Google libros) Griffiths, Paul: The Penguin Companion to Classical Music. Penguin, 2004. (Google libros) Hanning, Barbara Russano: Concise History of Western Music. W. W. Norton, 1998. ISBN 0-393-97168-6 Kliewer, Vernon: «Melody: Linear Aspects of 20th-Century Music» en Aspects of 20th-Century Music. Prentice Hall, 1975, pp. 270–301. (Google libros) Lanza, Andrea: El siglo XX. Madrid: Turner Música, 1986. ISBN 84-7506-186-9 Michels, Ulrich: Atlas de música. Madrid: Alianza, 2009 . ISBN 84-206-6999-7 Randel, Don Michael (ed.): Harvard Dictionary of Music. Harvard University Press, 2003. (Google Libros) Xenakis, Iannis (1992). Formalized Music: Thought and Mathematics in Composition, segunda edition (Harmonologia Series No.6). Stuyvesant, NY: Pendragon Press. ISBN 1-57647-079-2. Reprinted, Hillsdale, NY: Pendragon Press, 2001.
Ligazóns externas «Guía da textura musical con material multimedia» — en uwosh.edu . «Music Texture» — en aboutmusictheory.com . «Synopsis of Twentieth Century Styles and Composers» — en University of Northern Colorado .
Categoría:Música