La Libertad foi un periódico editado en Betanzos en 1886.

Traxectoria Apareceu o 1 de maio de 1886. Bisemanario republicano que saía os mércores e os sábados. Creado e dirixido por Roque Ponte. Entre os seus colaboradores figurou Fernando García Acuña. Imprimíase nos obradoiros tipográficos de Ángel Amenedo Ponte. Publicou unha "galería de hombres ilustres de Betanzos" obra do erudito local Jesualdo Martínez Santiso. Inseriu tamén unha obra novelística de ambiente galego en forma de folletín.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas La Libertad na Hemeroteca virtual de Betanzos

Categoría:Prensa escrita de Betanzos Categoría:1886 en Galicia