Alfredo Vigo Trasancos nado en Ferrol o 31 de outubro de 1951, é un historiador da arte galego, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria Vigo Trasancos é autor dun cento de publicacións científicas e divulgativas. Moi coñecidas son as súas obras sobre a cidade e arsenal de Ferrol no século XVIII, a catedral de Santiago de Compostela en épocas barroca e neoclásica, A Coruña no tempo das Luces ou sobre a Torre de Hércules na Ilustración, época da que está considerado experto.Galicia y el siglo XVIII. Alfredo Vigo Trasancos Fundación Barrié.

En 2022, foi nomeado profesor emérito da USC e, en febreiro de 2024, pasou a formar parte do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.

Obra Arquitectura y Urbanismo en El Ferrol del siglo XVIII (1984). COAG. ISBN 978-84-85665-11-2.Arquitectura y Urbanismo en El Ferrol del siglo XVIII La arquitectura de la ilustracion: clasicismo y neoclasicismo 1700-1834 (1995). Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-07-2. La fachada del Obradoiro de la Catedral de Santiago, 1738-1750: arquitectura, triunfo y apoteosis (1996). Madrid: Electa España.  ISBN 84-8156-241-6 La Catedral de Santiago y la Ilustración: proyecto clásico y memoria histórica (1757-1808) (1999). Madrid: Electa España.  ISBN 84-8156-119-3 Fontes escritas para a historia da arquitectura e do urbanismo en Galicia: séculos XI-XX (2000). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo. ISBN 84-453-4045-X A Coruña y el Siglo de las Luces: La Construcción de Una Ciudad de Comercio (1700-1808) (2007). USC. ISBN 978-84-9750-8971. Barroco: la arquitectura sagrada del antiguo reino de Galicia (1658-1763) (2012). Consorcio de Santiago. ISBN 978-84-940333-7-7. A parte das obras individuais, ten escrito máis de 40 artigos de revistas, ten colaborado en máis de 45 obras e dirixido 7 teses de doutoramento.

Recoñecementos Premio extraordinario de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela. É académico correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.Académicos correspondientes. Galicia. Lugo En 2011 recibiu a Insignia de Ouro do Concello de Ferrol.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Historiadores da arte de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela