250px|right|thumb|Fragmento dunha elexía de Mimnermo. Mimnermo de Colofón (en grego, Μίμνερμος) foi un poeta e músico grego de finais do século -VII. Traxectoria Foi un contemporáneo de Solón, uns anos máis novo ca este. A Suda afirma que Mimnermo é das cidades de Asia Menor, Colofón, ou de Esmirna, ou de Astipalea, illa do mar Exeo, e engade, con peculiar exactitude, que escribiu bastantes obras. Polo menos hai noticia de dúas: un poema épico que falaba da fundación de Esmirna por colonos de Colofón, que coñecemos como Esmirneida, onde ademais se narraba a batalla entre os naturais de Esmirna e o rei Xixes de Lidia cara a -680, é dicir, tres xeracións antes que a do poeta, un libro de versos amatorios polos que é coñecido sobre todo, escritos en metro elexíaco, aínda que tamén escribiu iambos. Estas elexías, publicadas nun volume co título Nanno, "Bonequiña" (unha frautista da que estaba namorado), foron transmitidas por Estobeo e caracterízanse por unha gran sensualidade e erotismo e unha velada melancolía; pero o ton xeral é vitalista e non se resigna ao paso do tempo. O goce da mocidade contrasta, con todo, coa fugacidade da vida e as tribulacións da vellez que, por desgraza, son os versos que máis nos quedaron deste presunto mestre de goces terreais. O texto dun deles fai referencia á brevidade da vida, aos praceres da mocidade e á triste condición da vellez, á cal é preferibel a morte.
Na súa poesía inspiráronse despois os poetas alexandrinos, Calímaco entre eles. O gran poeta romano Sexto Propercio dirá del I, 9, 11 que plus in amore valet Mimnermi versus Homero ("en cuestións de amor vale máis un verso de Mimnermo que Homero"), sinal inequívoco de estima.
A actitude hedonista de Mimnermo, que considera a vellez como un mal peor que a morte, exprésase nos versos:
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sobre Mimnermo: texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe). Mimnermo: Elexías. Texto inglés no Proxecto Perseus: sígase o mesmo procedemento. Mimnermo: Poemas. Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011).
Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Escritores en lingua grega Categoría:Poetas de Grecia Categoría:Lírica Categoría:Personalidades de Colofón na Antigüidade Categoría:Nados no século -VII Categoría:Finados no século -VI