IC 2944, tamén coñecida coma Nebulosa de Lambda Cen, é un cúmulo aberto cunha nebulosa de emisión asociada que se atopa na constelación de Centaurus, preto da estrela Lambda Centauri. Posúe glóbulos de Bok, que normalmente son lugares asociados á formación estelar. Con todo, non se atopou ningunha evidencia de formación estelar en calquera dos glóbulos de IC 2944.Astron. Astrophys. 327, 1185, 1997
miniatura|left|Imaxe tomada co instrumento Wide Field Imager que está montado no telescopio de 2,2 metros da MPG/ESO.
O Very Large Telescope do ESO tomou a imaxe da caixa de información, que é unha vista en primeiro plano dun conxunto de glóbulos de Bok descubertos dentro de IC 2944 polo astrónomo surafricano A. David Thackeray no ano 1950.Thackeray A.D.: "Some southern stars involved in nebulosity", MNRAS 110,529, 1950. Abstract Agora estes glóbulos son coñecidos coma os Glóbulos de Thackeray.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lambda Centauri (Lambda Cen)
Ligazóns externas SEDS: IC 2944 IC 2944 at ESA/Hubble
Categoría:Constelación de Centaurus Categoría:Nebulosas de emisión