Ribitol ou adonitol é un azucre-alcohol de 5 carbonos cristalino coa fórmula C5H12O5, formado a partir da redución da pentosa ribosa. Aparece de forma natural na planta Adonis vernalis, e na parede celular de bacterias grampositivas (especificamente, como ribitol fosfato, nos ácidos teicoicos). No ser humano o ribitol é un produto final metabólico formado pola redución da ribosa en fibroblastos e eritrocitos Human Metabolome Database. Tamén forma parte da estrutura química da riboflavina e dos coencimas flavínicos flavín mononucleótido (FMN) e flavín adenín dinucleótido (FAD). En Escherichia coli, o D-ribitol pode actuar como inhibidor da L-arabinosa isomerase e da D-arabinosa isomerase.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas GMD MS Spectrum MSDS data Biological Magnetic Resonance Data Bank

Categoría:Compostos químicos