, nado en Ōyama, Ōita en 1986, é un artista manga. A súa primeira serie de manga, Shingeki no Kyojin, vendeu preto de 36 millóns de copias ata abril de 2014. As súas influencias son Tsutomu Nihei, Ryōji Minagawa, Kentaro Miura, Hideki Arai e Tōru Mitsumine e declarou que o manga que máis influíu na súa obra é ARMS.

Traxectoria Isayama estudou secundaria no Instituto Hitarinkou da Prefectura de Ōita, e posteriormente asistiu ó programa de deseño de historietas da Kyushu Designer Gakuin. En 2006, Isayama recibiu un premio no Magazine Grand Prix da editorial Kōdansha por Shingeki no Kyojin. Inicialmente, o autor tiña pensado publicar a súa obra na revista semanal Shōnen Jump da editorial Shūeisha, pero pedíuselle que modificara o estilo e a historia para que se afixera á revista. Por ese motivo, decidiu probar con outra revista, esta vez a Shōnen Magazine de Kōdansha. Malia que non o conseguiu, Shingeki no Kyojin comezou a publicarse en setembro de 2009 en Bessatsu Shōnen Magazine, outra revista de Kōdansha. En 2011, o manga gañou o premio Kōdansha Manga Shō na categoría mellor shōnen.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog oficial de Hajime Isayama

Categoría:Debuxantes de manga Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados na prefectura de Ōita