Giorgio Chiellini, nado en Pisa o 14 de agosto de 1984, é un futbolista italiano que xoga de defensa. Milita dende 2005 na Juventus da Serie A, equipo do que é o capitán e o terceiro xogador con máis partidos na súa historia, só por detrás de Alessandro Del Piero e Gianluigi Buffon. Gañou co club piemontés nove ligas italianas consecutivas, cinco Copas de Italia e cinco Supercopas de Italia, ademais de alcanzar dúas finais da Liga de Campións. Foi incluído cinco veces no Equipo do Ano na Serie A e gañou tres veces o premio ao Defensa do Ano na Serie A. En 2013 foi clasificado como sétimo mellor xogador do mundo por Bloomberg.

É internacional coa selección nacional de Italia dende 2004, sumando 116 partidos coa camiseta azzurra, coa que disputou dúas Copas do Mundo e catro Eurocopas, e á que capitaneou na conquista da Eurocopa de 2020.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Pisa Categoría:Futbolistas olímpicos de Italia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores do AS Livorno Categoría:Xogadores do ACF Fiorentina Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Italia Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa