Ramón María García Abad, nado nos Caparís, parroquia de San Xiao de Mos (Castro de Rei) o 7 de febreiro de 1836 e finado en Lugo o 7 de marzo de 1887, foi un sacerdote e xornalista galego.
Traxectoria Cursou o bacharelato no instituto de Monforte de Lemos e a carreira sacerdotal no seminario de Lugo. Despois pasou a Toledo, onde obtivo a licenciatura en Teoloxía e Canons. Exerceu cátedras e foi vicerreitor do seminario de Lugo, onde gañou as oposicións a doutor en 1865. Desempeñou os cargos de provisor e vigairo xeral interino do bispado lugués. Predicador incansable, mereceu o título de "O Apóstolo de Galicia", pois dirixiu máis de 150 misións. Traduciu do italiano varias obras.
Obras Clamores del Divino Pastor a las ovejas descarriadas, o sea, lecciones de Jesucristo a los pecadores olvidados de su salvación (Barcelona, 1861). El camino del cielo allanado a todos los pecadores (Lugo, 1861). Liga santa de los confesores (Lugo, 1865). La más divina de las obras divinas, o sea, la obra de la santa infancia (Lugo, 1873). Escala para subir los niños al cielo. Manual de las personas que frecuentan los Sacramentos. Propósitos razonados de un seminarista. Guía del cristiano en la santa misión.
Fíxose unha impresión póstuma do seu libro Hojas sueltas (1894), quizais a súa peza máis coñecida popularmente, xunto con El libro del seminarista.
Homenaxes En 1888 os seus admiradores colocaron a primeira pedra do ostentoso mausoleo que lle dedicaron para gardar os seus restos. Unha rúa de Lugo leva o seu nome.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Castro de Rei Categoría:Nados en 1836 Categoría:Finados en 1887 Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos