250px|miniatura|Tramo da vía catalá na rúa Via Augusta de Tarragona. miniatura|275px|Vía catalá no Passeig de Colom de Barcelona. A vía catalá cara á independencia (en ), máis coñecida como vía catalá, foi unha cadea humana duns 400 quilómetros feita en Cataluña a proposta da Assemblea Nacional Catalana (ANC) para a diada do 11 de setembro de 2013. O seu obxectivo era reivindicar a independencia de Cataluña. Contou co apoio das 14 entidades non gobernamentais que colaboran na iniciativa ElClauer.cat. A cadea seguiu o trazado da antiga Vía Augusta, dende Pertús (Vallespir) ata Alcanar (Montsià). Segundo Carme Forcadell, presidenta da ANC, foi «un símbolo, o símbolo da unidade do pobo catalán para acadar a soberanía nacional».

En total, 1.600.000 manifestantes participaron na vía catalá, 500.000 dos cales fixérono nas rúas da cidade de Barcelona, segundo o Departamento do Interior da Generalitat de Cataluña.

A cadea humana comezou ás 17:14 horas do mércores 11 de setembro cun repenique de campás, e despois houbo un acto político simultáneo en diversas localidades catalás ata as 18:00h, cando se cantou Els Segadors. En total, a organización mobilizou 1.500 autocares e 30.000 voluntarios. Contratáronse máis de vinte medios aéreos para documentar o acto e máis de 800 fotógrafos voluntarios inmortalizaron o acto. Ademais, vendéronse máis de 500.000 camisolas oficiais da ANC por toda a vía.

Repercusión política A Assemblea Nacional Catalana reclamou que o día seguinte do acto, o goberno catalán fixase a data e a pregunta do Referendo de autodeterminación de Cataluña, que «se ten que poder responder cun si ou cun non». O conseller de Presidencia da Generalitat de Cataluña e portavoz do goberno, Francesc Homs, respondeu á petición dicindo que «antes de rematar o ano haberá unha data e unha pregunta».

A vía catalá serviu de inspiración para que no País Vasco o movemento Gure Esku Dago preparase a Cadea humana polo dereito a decidir do País Vasco o 8 de xuño de 2014 entre Durango e Pamplona

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cadea humana polo dereito a decidir do País Vasco do 2014 Consulta sobre a independencia de Cataluña

Categoría:Política de Cataluña