Jordi Roura i Solà, nado en Llagostera (Xirona) o 10 de setembro de 1967, é un exfutbolista catalán, que ocupaba a posición de centrocampista ou dianteiro, e que foi adestrador do Futbol Club Barcelona no 2013.

Traxectoria Como xogador Despois de pasar polas categorías de alevín e infantil da Unió Esportiva Llagostera, Jordi Roura continuou a súa formación nas categorías inferiores do FC Barcelona. Militou no equipo filial antes de debutar no primeiro equipo na tempada 1988/89, na que xogou 8 partidos en Primeira División. O ano seguinte xogou dous máis cos blaugrana. Sen continuidade no FC Barcelona, marcha cedido ao Real Murcia, onde xoga a tempada 1991/92 na Segunda División. O ano seguinte ficha pola UE Figueres, tamén na categoría de prata. En 1994 ficha pola UE Sant Andreu.

Como adestrador O 15 de xuño de 2012, xa retirado como futbolista, asinou o contrato como segundo adestrador de Tito Vilanova no FC Barcelona."Jordi Roura, com a segon entrenador, i Aureli Altimira, com a preparador físic, també han signat el seu contracte", FC Barcelona en Twitter.

Dirixiu o equipo durante dous partidos despois da expulsión do primeiro adestrador contra o Osasuna. Tamén foi o elixido para facerse cargo do primeiro equipo desde o 19 de decembro de 2012, día no que Tito Vilanova tivo que prepararse para unha intervención cirúrxica a causa dun cancro, ata o 2 de abril de 2013, cando Vilanova volveu para dirixir novamente o equipo. Durante este período, o conxunto catalán caeu nas semifinais da Copa do Rei, mantivo con solvencia o liderado da Liga e avanzou aos cuartos de final da Liga de Campións.

O 19 de xullo de 2013 converteuse no máximo responsable do primeiro equipo, despois da dimisión forzada e inesperada de Tito Vilanova, cargo que ocupou ata o 26 de xullo, data na que foi presentado o substituto de Vilanova, Gerardo 'Tata' Martino. Durante este breve período de tempo, dirixiu o equipo nun amigable que xogou o Barça contra o FC Bayern München de Pep Guardiola, partido que gañaron os alemáns por 2-0. Despois da presentación oficial do Tata, dirixiu ao Barcelona en dous partidos amigables máis, contra o Valerenga (0-7) e o Lechia Gdansk (2-2).

O 19 de maio de 2014, o FC Barcelona anunciou o seu nomeamento como director do fútbol formativo blaugrana, cargo no que substituíu a Guillermo Amor.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en Llagostera Categoría:Nados en 1967 Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores da UE Figueres Categoría:Xogadores do UE Sant Andreu Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do FC Barcelona