San Pedro de Coucieiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 392 habitantes (197 homes e 195 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 496 habitantes.

Patrimonio A igrexa parroquial foi totalmente reconstruída ó longo do século XVIII, ten diversos retablos barrocos e no seu interior está a tumba de Agustín Rosendo del Monte Rosende. Forma un conxunto coa casa reitoral, un cabazo, o adro e o campo da festa.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Coucieiro

Parroquias de Muxía

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Muxía

Categoría:Parroquias de Muxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro