Santa María de Morquintián é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Muxía. Segundo o IGE en 2009 tiña 203 habitantes (109 mulleres e 94 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 271 habitantes.

Historia En 1809, durante a Guerra da Independencia española, o párroco de Morquintián Pedro Lapido encabezou a Xunta de Defensa desta zona contra os franceses.

Patrimonio A igrexa de Santa María de Morquintián é un templo románico dunha soa nave e ábsida rectangular, presenta na parte externa da nave principal unha colección de canzorros. Non sufriu reformas na nave central pero si a cabeceira, modificada no século XVIII.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Morquintián

Parroquias de Muxía

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Muxía

Categoría:Parroquias de Muxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María