Santa María de Castro é unha parroquia rural, que se localiza no norte do concello de Narón na provincia da Coruña,cunha superficie de 4,25 km². Segundo o IGE en 2011 tiña 837 habitantes (452 mulleres e 385 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 697 habitantes. A súa densidade poboación é de 196,94 hab./km².

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Limita ao norte coa parroquia do Sequeiro (Valdoviño), ao sur con Trasancos e o barrio de Piñeiros, ao leste con Sedes e San Xiao de Narón, e ao oeste co Val e Trasancos.

Toponimia A orixe do topónimo é o latín , que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.

Patrimonio Tras a igrexa había un castro, xa desaparecido, que deu nome á parroquia.

Lugares e parroquias Lugares de Castro

Parroquias de Narón

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Narón

Categoría:Parroquias de Narón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía