La Aspiración foi un semanario editado en Betanzos entre 1904 e 1912.
Traxectoria Subtitulado Periódico independiente de esta localidad, apareceu o 3 de abril de 1904. O director era Juan Ponte Blanco e entre os seus colaboradores figuraron Antonio Tudela, Franciso Sánchez Díaz, César Sánchez Díaz, José Mª Fontenla, Raimundo Montes, José Bartolomé Vidal, M. Gómez Mourón, Antonio de Carral Cabanas, Angel Ruiz e José Buesas. Foi o órgano xornalístico dos grandes caciques de Betanzos e mantivo enfrontamentos con La Defensa. Cesou a súa publicación co número 431, correspondente ao 23 de maio de 1912.
Véxase tamén Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas La Aspiración na Hemeroteca de Betanzos
Categoría:Prensa escrita de Betanzos Categoría:1904 en Galicia Categoría:Prensa caciquil