Alfonso Clark "Trey" Burke III, nado o 12 de novembro de 1992 en Columbus, Ohio, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Traxectoria profesional O 27 de xuño de 2013, Burke foi elixido na 9ª posición do Draft de 2013 polos Minnesota Timberwolves, e traspasado pouco despois a cambio da 14º e da 21º elección do Draft, que foron usadas para seleccionar a Shabazz Muhammad e Gorgui Dieng, respectivamente. O 6 de xullo de 2013, firmou cos Jazz o seu contrato coma rookie.
Na súa primeira tempada na NBA, foi elixido tres veces mellor rookie do mes da Conferencia Oeste. Na votación final ó Rookie do Ano, rematou na terceira posición por detrás de Michael Carter-Williams e Victor Oladipo. Ademais, foi elixido no mellor equipo de rookies ó remate da tempada. Todo isto foi o resultado de acadar 12.8 puntos, 5.7 asistencias e 3.0 rebotes por encontro, en 70 partidos disputados (68 deles de titular).
O 31 de xaneiro de 2019, Burke foi traspasado xunto a Kristaps Porziņģis, Tim Hardaway Jr. e Courtney Lee ós Dallas Mavericks, a cambio de DeAndre Jordan, Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.
O 30 de xullo de 2019, Burke asinou cos Philadelphia 76ers. O 6 de febreiro de 2020, foi cortado polos Sixers.
O 1 de xullo de 2020, tras a suspensión da tempada da NBA, Burke asinou cos Dallas Mavericks para ocupar o lugar do mancado Jalen Brunson. No seu primeiro encontro de volta nos Mavericks, Burke anotou 31 puntos na derrota por 153–149 contra os Houston Rockets. O 1 de decembro de 2020, asinou de novo cos Mavericks.
O 24 de xuño de 2022, Burke foi traspasado xunto a Boban Marjanović, Marquese Chriss, Sterling Brown e os dereitos do Draft de Wendell Moore ós Houston Rockets, a cambio de Christian Wood.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en ESPN.com
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Columbus, Ohio Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Capitanes de Ciudad de México