César Azpilicueta Tanco, nado en Zizur Nagusia (Navarra) o 28 de agosto de 1989, é un futbolista español. Xoga de lateral dereito e o seu equipo actual é o Chelsea F.C. inglés. Ademais, no ano 2013, fixo o seu debut coa selección española.

Traxectoria Formado nas categorías inferiores do CA Osasuna, debutou co primeiro equipo o 8 de abril de 2007 na derrota dos navarros por 0-2 contra o Real Madrid, cando aínda tiña ficha do equipo filial. Na tempada 2007-08, Azpilicueta fíxose cun oco no primeiro equipo, onde xogou ata o ano 2010.

O 21 de xuño de 2010, Azpilicueta foi traspasado ó Olympique de Marsella francés a cambio de 7 millóns de euros, e asinou un contrato por catro anos. No seu debut co Marsella na Liga de Campións da UEFA, anotou en propia meta o único gol do partido na derrota do seu equipo contra o Spartak de Moscova.

O 24 de agosto de 2012, o Chelsea fichou a Azpilicueta por unha cantidade aproximada de 7 millóns de libras.

Palmarés Club Olympique de Marsella Supercopa francesa (2): 2010, 2011 Copa da Liga francesa (2): 2010–11, 2011–12

Chelsea UEFA Europa League (1): 2012–13

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil oficial no Chelsea Perfil en BDFutbol

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Osasuna B Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Olympique de Marsella Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas olímpicos de España Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022