A Eva futura é unha novela en lingua francesa de Auguste Villiers de L'Isle-Adam, publicada por vez primeira en 1886 co título orixinal de L'Ève future. Foi traducida ao galego por Isabel Soto e Xavier Senín, e publicada en 2014 pola Editorial Hugin e Munin.
Trama miniatura|esquerda|Villiers de L'Isle-Adam. O mozo Lord Ewald namórase dunha rapaza moi fermosa pero de escasa intelixencia. Con tal premisa, o enxeñeiro Thomas Alva Edison fabrica unha andréide, que se asemella fisicamente á moza, mais que a supera con moito no plano intelectual. Esta obra, a magna do seu autor, xerou unha importante polémica pola súa marcada misoxiniaLe symbolisme, le rêve la femme dans lart à la fin du XIXe et au début du XXe siècle. J. A. Colombet. Publibook (2011) páx. 106-108.
Notas
Categoría:Novelas en francés Categoría:Literatura fantástica Categoría:Obras literarias de 1886 Categoría:Obras traducidas do francés ao galego