Sorribas é un lugar da parroquia de Sorribas no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 39 habitantes (18 homes e 21 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2013, cando tiña 50 habitantes.

No lugar podemos atopar un centro ocupacional da asociación AMIPA, para persoas con algún tipo de discapacidade intelectual.

Patrimonio

Viacrucis de Sorribas Trátase dun viacrucis que, no ano 1698, un emigrante mandou levantar. Esta obra, que abarca 200 metros, conta cun total de 12 estacións e un calvario formado por tres cruceiros.

O viacrucis é unha das prácticas de oración máis estendidas entre os cristiáns. Refírese ás diferentes partes vividas por Xesús dende o momento no que foi preso ata a crucifixión e sepultura.

Camiño sacramental Antigamente había un camiño no cal levaban unha caixa dous ou máis homes co defunto dentro; este camiño comeza dende a porta da Igrexa ata o final do viacrucis.

Festas

San Tomé: 21 de decembro.

Nosa Señora das Dolores: 1º domingo setembro.

Festa do Sacramento: en xuño.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Sorribas

Parroquias de Rois

Categoría:Lugares de Rois