A III Asemblea Agraria de Galicia celebrouse en Monforte de Lemos o 13 e 15 de agosto de 1911.

Historia e características

Estivo presidida por Rodrigo Sanz, formando a mesa Ambrosio Landeira da sociedade de Serantes, pola Coruña, Adolfo Ortigueira da sociedade de Lérez, por Pontevedra, Manuel Vázquez do Carballiño, por Ourense, e Juan Méndez Fernández, sacerdote, do Sindicato Agrícola do Páramo, por Lugo, e como secretarios actuaron Santiago Casares Quiroga e Victoriano Rodríguez Gómez.La Región, 17-8-1911, p. 1.Diario de Galicia, 19-8-1911, p. 1-2. Participaron 89 sociedades, 9 periódicos e 8 entidades oficiais. Renunciouse á creación dunha federación galega, que fora unha proposta da anterior Asemblea, e insistiuse na organización de sociedades comarcais. Notas

Véxase tamén Outros artigos II Asemblea Agraria de Galicia IV Asemblea Agraria de Galicia

Categoría:Asembleas agrarias de Galicia Categoría:1911 en Galicia Categoría:Monforte de Lemos