A selección de fútbol de Catalunya-Levant foi unha selección creada no ano 1950, cunha selección mixta de xogadores de equipos de Cataluña e da Comunidade Valenciana, formando así a selección de fútbol dos Países Cataláns, coa finalidade de disputar un partido ante o Club Atlético San Lorenzo de Almagro arxentino, que estaba a facer unha xira por Europa. Paralelamente creouse unha selección Centro-Norte que se enfrontou o mesmo día ao Racing Club de Avellaneda.

Xogadores da selección

#NomeLugar de nacementoClubPorteiros1 Ignacio Eizaquirre Donosti València CFDefensas2 Vicente Asensi Alcúdia de Crespins València CF3 Josep Parra Blanes RCD EspanyolCentrocampistas4 Gonzalvo II 14px|Capitán Mollet del Vallès FC Barcelona5 Gonzalvo III Mollet del Vallès FC Barcelona6 Toni Puchades Sueca València CFDianteiros7 Estanislau Basora Colònia Valls FC Barcelona8 Rosendo Hernández Santa Cruz de Tenerife RCD Espanyol9 Cèsar Rodríguez León FC Barcelona10 Silvestre Igoa Donosti València CF11 Vicente Seguí García València València CFSuplentes Antoni Ramallets Barcelona FC Barcelona Josep Artigas Terrassa RCD Espanyol Francesc Calvet Sant Joan Despí FC Barcelona Josep Seguer Parets del Vallès FC Barcelona

O partido

A selección de fútbol Catalunya-Lenvat, xogou o seu único partido no Camp de les Corts de Barcelona contra o Club Atlético San Lorenzo de Almagro. Este equipo arxentino era considerado un dos mellores do continente americano, e gañara partidos amigábeis contra a selección española e a selección portuguesa. O partido recibiuse con moita expectación e un estadio case cheo.

A pesar de ser un partido moi igualado, e con moitas ocasións por parte de ambos, o San Lorenzo non puido facer nada ante os dous goles de Igoa e Hernández. Calvet substituíu a Gonzalvo III a dous minutos da final. O partido finalizou co resultado 2-1.http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1950/02/24/pagina-1/660238/pdf.html

Notas

Cataluna-Levante