Igón é un lugar da parroquia da Ribeira no concello lugués de Cervantes na comarca dos Ancares. Segundo o IGE, en 2024 tiña dous habitantes (dous homes). Compóñeno tres casas: casa da Castañeira, casa de Mourádigo e casa da Casoa.

Toponimia A orixe do topónimo da aldea de Igón puido ser villa Iconi, nome xermánico dun posible fundador chamado Ico ou Igo. Nun documento que provén do mosteiro de Penamaior, en Becerreá, o nome da aldea aparece escrito como Ygon no 1309 e noutro do mosteiro de Carracedo do Bierzo como Eygon no 1384.

Tendo en conta o anterior, a antigüidade da aldea de Igón poderíase situar entre os séculos V e VII, durante o reinado suevo ou visigodo. O engadido do H en Higón é moi posterior e sen base etimolóxica, sendo probablemente castelanizado confundido por higo (figo).

Demografía

Lugares e parroquias Lugares da Ribeira

Parroquias de Cervantes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Lugares de Cervantes

Categoría:Lugares de Cervantes