Fernando Llorca, nado en Vigo en 1960, é un batería de jazz.

Traxectoria Realizou estudos de batería no taller de músicos de Barcelona e amplía coñecementos jazzísticos nos seminarios de Madrid co batería norteamericano Billy Hart.

Traballou nas seguintes formacións: Outeiro, Clunia Jazz, Baio Ensemble, Amador García Trio, Fernando Llorca Jazz Quartet, Thomas Chapin Quartet, María João Quinteto, Joe Fonda Trío, Mike Rabinowitz, Gary Smullian Quartet, Andrezj Olejniczak...

Fernando Llorca traballou con destacados músicos do jazz: Joe Fonda, Mikel Rabinowitz, Pedro Barreiros, Victor Merlo, Carlo Morena, Jorge Pardo, Roberto Rossi, Thomas Chapin, Gary Smullian, Perico Sambeat, Paolo Fresu etc.

Membro de Clunia Jazz, dedicou o seu disco Mr. Cal (Clave records 2001) ao seu compañeiro na devandita agrupación jazzística Antonio Cal, xa desaparecido. Acompáñano no disco Roberto Somoza, Alberto Conde, Kin García e Carlos Castro. Véxase tamén Ligazóns externas Bio en Galegos.info Datos biográficos

Categoría:Baterías Categoría:Percusionistas de jazz Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1960