San Xiao de Narón é unha parroquia situada no centro do concello de Narón na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 988 habitantes (508 mulleres e 480 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, un menos que no 2004. A súa densidade de poboación é de 146,37 hab/km².

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Xeografía Limita ao norte coas parroquia de Castro e Sedes, ao sur cos barrios de Piñeiros e Xuvia, ao leste coa parroquia de Sedes e o barrio de Xuvia, e ao oeste co barrio de Piñeiros e a parroquia de Castro.

Historia miniatura|esquerda|Placa conmemorativa da constitución do concello de Narón No adro da igrexa parroquial foi onde se constituíu, por vez primeira, o concello de Narón, tomando o nome da parroquia para o novo municipio.

Lugares e parroquias Lugares de San Xiao de Narón

Parroquias de Narón

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Narón

Ligazóns externas Vista da parroquia centrada Igrexa parroquial Local Social de San Xiao Asociación de Vecinos 'Ceibe' de San Xiao

Categoría:Parroquias de Narón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xiao