Santa María a Maior do Val é unha parroquia rural, que se localiza no noroeste do concello de Narón na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.722 habitantes (859 mulleres e 863 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.602 habitantes. A súa densidade poboación é de 132 hab/km².

Ten unha superficie de 13 km², o que a converte na meirande do concello. Limita ó norte co océano Atlántico, ó sur coas parroquias de Trasancos e Castro, ó leste co concello de Valdoviño e ó oeste co concello de Ferrol.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Xentilicio O seu xentilicio é valexo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares do Val

Parroquias de Narón

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Narón

Categoría:Parroquias de Narón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María a Maior