Pacific Sun (antigamente Sunflower Airlines e Sun Air) é unha empresa aérea establecida en Nadi, Fiji. Dende 2007 é unha subsidiaria da Air Pacific.
Historia Don Collingwood, un piloto e executivo, fundou a aeroliña que se acabaría coñecendo como Pacific Sun en 1980, baixo o nome de Sunflower Airlines, que máis adiante se convertería en Sun Air. Os seus comezos foron cun único Britten Norman BN2 Islander, efectuando a ruta Nadi-Taveuni. En xaneiro de 2007 a frota creceu ata os doce aparatos, e a compañía daba emprego a preto de 140 persoas.O 31 de xaneiro de 2007 Sun Air foi transferida á compañía matriz actual, Air Pacific, que tivo que facer fronte a unha denuncia da súa competidora, Air Fiji, contraria á absorción. Galería de imaxes
Notas
Categoría:Aeroliñas Categoría:Fiji