A crisolaminarina (tamén chamada leucosina) é un polisacárido formado por unidades de glicosa (un glucano), que se encontra en algas heterocontas. É un polímero lineal con enlaces β(1→3) e β(1→6), os cales están na proporción 11:1. Crese que a crisolaminarina é un dos biopolímeros máis comúns na Terra.
A crisolaminarina é un polisacárido de almacenamento enerxético típico das heterocontas fotosintéticas. Membros do fitoplancto, como as diatomeas utilízano como carbohidrato alimenticio de reserva (similar ao uso da laminarina que fan as algas pardas).
A crisolaminarina almacénase dentro das células destes organismos disolta en auga e encapsulada en vacúolos cuxo índice de refracción aumenta co contido en crisolaminarina. Ademais, as algas heterocontas utilizan aceites como composto de almacenamento enerxético (e para controlar a flotabilidade), polo que non dependen só da crisolaminarina.
Notas
Categoría:Polisacáridos