thumb|right|200px|Jean Dedieu (1646 - 1727): estatua de Lisias. Xardíns de Versalles. Lisias (en grego Λυσίας), nado en Atenas en -458 e finado en -380, foi un dos dez oradores áticos. Traxectoria Malia nacer en Atenas, foi meteco e nunca gozou do dereito de cidadanía xa que o seu pai, Céfalo, era de Siracusa. No ano -404, o réxime oligárquico dos Trinta Tiranos privou a Lisias e ao seu irmán Polemarco de todas as súas posesións. Cando mataron a este último, Lisias fuxiu a unha poboación veciña.

Regresou a Atenas no ano -403, trala derrota dos Trinta Tiranos e o restablecemento do goberno democrático. Emprendeu entón accións legais contra Eratóstenes, o tirano responsábel da morte de seu irmán.

Platón alude a Lisias e á súa familia n'A República e no Fedro.Platón: A República. Texto español en Wikisource. Texto grego en Wikisource.Platón: Fedro. Texto español en Wikisource. Texto grego en Wikisource.

Obra Lisias gañouse a vida como logógrafo, escribindo discursos para os litigantes e transformándose na figura máis destacada da oratoria xudicial ática. A súa biografía reflíctese na dobre vertente da súa obra: por unha banda, dedicado ao ensino da retórica e a escribir discursos por encargo; e, por outra, consagrado á tarefa política da restauración da democracia en Atenas e á persecución dos tiranos mediante os seus discursos. Chegou a escribir 233 discursos, dos que só se conservou unha trintena. Os máis coñecidos son Contra Eratóstenes (Κατά Ερατοσθένους), Defensa no xuízo contra Simón (Πρὸς Σίμωνα ἀπολογία) e Sobre o asasinato de Eratóstenes (Ὑπὲρ τοῦ Ἐρατοσθένους φόνου ἀπολογία).Trátase de dous Eratóstenes distintos.Contra Eratóstenes (Κατὰ Ἐρατοσθένους). Texto parcial bilingüe grego - español, con comentarios. Texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe). Texto grego en Wikisource. Clara Álvarez: Análise morfolóxica e sintáctica dun fragmento do texto grego (4).Defensa no xuízo contra Simón (Πρὸς Σίμωνα ἀπολογία). Texto inglés no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes. Texto grego en Wikisource.Sobre o asasinato de Eratóstenes (Ὑπὲρ τοῦ Ἐρατοσθένους φόνου ἀπολογία). Texto español en PDF. Texto inglés no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes. Texto grego en Wikisource. Clara Álvarez: Análise morfolóxica e sintáctica de fragmentos do texto grego (6, 7 y 4). Estilo Tiña un talento incomparábel para adaptar os seus discursos ao carácter dos seus clientes. Os trazos máis destacados do seu estilo, como demostran as obras que del se conservan, eran a pureza, a sinxeleza e a claridade. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Dionisio de Halicarnaso: Lisias (Λυσίας). Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011): ed. de 1826, en París. Os números en azul son rótulos activos que serven para cambiar ao grego. Texto grego no mesmo sitio. Os números en azul son rótulos activos que serven para cambiar ao francés. J.F. Dobson: The Greek Orators (Os oradores gregos, 1919). Apartado dedicado a Lisias: texto inglés con índice electrónico no Proxecto Perseus. Discursos de Lisias. Texto inglés con índice electrónico no Proxecto Perseus. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe). Textos bilingües grego - francés, con introducións e anotacións neste idioma, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011). Textos gregos en Wikisource. Textos gregos no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo). Clara Álvarez: Análise morfolóxica e sintáctica dun fragmento da obra de Lisias. Discursos fúnebres ou Epitafios (Ἐπιτάφιος τοῖς Κορινθίων βοηθοῖς), 4: As amazonas (Ἀμαζόνες). O fragmento en Wikisource. Análise do fragmento.

Categoría:Oradores áticos Categoría:Nados en Atenas Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Personalidades de Atenas na Antigüidade Categoría:Escritores en lingua grega Categoría:Finados en -380