Franz Anton Beckenbauer nado o 11 de setembro de 1945 en Múnic e finado o 7 de xaneiro de 2024 en Salzburgo, foi un futbolista e adestrador de fútbol alemán. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección alemá occidental. Considerado a "máxima lenda do fútbol alemán" e un dos mellores futbolistas da Historia, foi alcumado "o Kaiser" (o emperador).

Traxectoria Comezou como xogador no TSV 1860 de Múnic, ata que con 14 anos foi fichado polo Bayern de Múnic. Debutou no Bundesliga con 14 anos e despuntou no Mundial de 1966, cando marcou catro goles ante Inglaterra, sendo o xogador máis novo da competición.

Xogaba de líbero. Sen el, entender esta posición no fútbol moderno é practicamente imposible. Neste xogador mestúranse unhas xeniais capacidades defensivas cunhas máis que notables condicións técnicas e físicas. El era o motor do mellor Bayern München da historia, e tamén da mellor Alemaña.

Palmarés Entre o seu palmarés destacan: 1 Mundial coa RFA (1974) 1 Eurocopa coa RFA (1972) 1 Copa Intercontinental co Bayern München (1976) 3 Copas de Europa co Bayern München (1974,1975 e 1976) 2 Balóns de Ouro

Como adestrador debutou dirixindo á selección xermana, levándoa ao subcampionato do mundo en México 1986 e ao Campionato no mundial de Italia 1990.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos FC Bayern München

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Múnic Categoría:Futbolistas de Alemaña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Balón de Ouro Categoría:FIFA 100 Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores do Hamburger SV Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Alemaña Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1970 Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Adestradores de fútbol de Alemaña Categoría:Adestradores do Olympique de Marsella Categoría:Adestradores do FC Bayern München Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Alemaña Categoría:Adestradores do Mundial de Fútbol de 1990 Categoría:Adestradores gañadores do Mundial de Fútbol Categoría:Xogadores do New York Cosmos

Categoría:Finados en 2024