dereita|miniatura|250px|A Sorbona, París A SorbonaRomán Rodríguez visita o Centro de Estudos Galegos da Universidade da Sorbona, nova na páxina web da Xunta de Galicia o 10 de abril de 2017. (en francés La Sorbonne) é un establecemento público de ensino superior, hoxe dividido en dúas universidades (Universidade de París III e de París IV).
Historia e características Atópase no centro de París, no quinto arrondissement (distrito), en fronte do liceo Louis Le Grand e do Collège de France, preto do monumento O Panteón (Le Pantheón), das universidades (París I, II, V, VI) e dos Xardíns do Luxemburgo (que pertencen ao Palacio do Luxemburgo, sede do Senado), no denominado Barrio Latino, onde se concentran as escolas superiores, os museos e os turistas.
Foi fundada en 1257 por Robert de Sorbón coa intención de facilitar o ensino da teoloxía aos alumnos pobres. Tres séculos máis tarde converteuse no lugar privilexiado para os debates da facultade de teoloxía e tivo un papel importante nas querelas relixiosas do país, contra os xesuítas no século XVI e contra os xanseístas no século XVII.
Nas súas aulas, reconstruídas na súa totalidade entre 1885 e 1901, ensínanse hoxe principalmente as humanidades, a historia, a xeografía, o dereito e as linguas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Universidade París Universidade de París
Categoría:Universidades de Francia Categoría:París