Irène Joliot-Curie, nada en París o 12 de setembro de 1897 e finada o 17 de marzo de 1956 tamén en París, foi unha física e química francesa galardoada co Premio Nobel de Química en 1935.
Traxectoria Filla de Marie Curie e Pierre Curie (ambos tamén premios Nobel), estudou na Sorbona. Tivo que interromper os seus estudos pola primeira guerra mundial, na que serviu como enfermeira radióloga. Tras a guerra, obtivo o doutoramento en ciencias cunha tese sobre os raios alfa no polonio.
Casamento e Nobel No 1926 casou con Frédéric Joliot, colaborando ambos no estudo da radioactividade natural e artificial, transmutación dos elementos e física nuclear. No 1935 ambos conseguiron o Premio Nobel de Química. No 1938, a súa investigación sobre a acción dos neutróns nos elementos pesados foi un paso importante no descubrimento da fisión nuclear. No 1937 foi nomeada profesora na Facultade de Ciencias de París, e no 1946, directora do Instituto de Radiación.
Activista da paz, tivo un forte interese nos dereitos da muller, chegando a ser membro do Comité Nacional da Unión de Mulleres Francesas e do Consello Mundial da Paz. Ocupou a Cátedra de Física Nuclear na Sorbona, e foi asemade nomeada Vicesecretaria de Estado para a Investigación Científica. Foille concedida a Lexión de Honra francesa.
Frédéric e Irene Joliot-Curie tiveron unha filla, Helena, e un fillo, Pierre.
Morreu en 1956 a causa dunha leucemia contraída no seu traballo.
Véxase tamén
Bibliografía
Tsjeng, Zing (2020). Mujeres olvidadas : las científicas. Madrid. ISBN 978-84-415-4214-3,
Outros artigos Mulleres e Premios Nobel Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1935 Biografía na páxina do Instituto Nobel Perfil de Irene Joliot-Curie en NNDB
Categoría:Químicos de Francia Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1956 Categoría:Premios Nobel de Francia Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Marie Curie Categoría:Finados por leucemia Categoría:Físicos de Francia