1935 (MCMXXXV) foi un ano común comezado en martes segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 10 de xuño: en Akron (Ohio) William Griffith e o Dr. Robert Smith fundan Alcólicos Anónimos.

Nacementos 4 de xaneiro - Floyd Patterson, boxeador estadounidense. 8 de xaneiro - Elvis Presley, cantante estadounidense. 11 de xaneiro - Fernando García Agudín, político galego (m. 2026). 12 de xaneiro - Benxamín Casal, político galego. 28 de xaneiro - David Lodge, escritor británico. 31 de xaneiro - Kenzaburō Ōe, escritor xaponés, premio Nobel de Literatura en 1994. 11 de febreiro - Gene Vincent, músico e cantante estadounidense (m. 1971) 10 de marzo - José Antonio Labordeta, cantautor e político aragonés (m. 2010). 31 de marzo - Richard Chamberlain, actor estadounidense. 6 de abril - Antón Avilés de Taramancos, escritor galego. 10 de abril - Christos Yannaras, teólogo da Igrexa ortodoxa grega. 19 de abril - Dudley Moore, actor británico (m. 2002). 13 de maio - Jan Saudek, fotógrafo checo. 17 de maio - Gonzalo Rodríguez Mourullo, escritor e avogado galego. 1 de xuño - Norman Foster, arquitecto británico. 6 de xullo - Tenzin Gyatso, 14o dalai lama, Premio Nobel da Paz. 9 de xullo - Isabel Sarli, actriz, ex-vedette e modelo arxentina. 17 de xullo - Donald Sutherland, actor canadense. 17 de xullo - Salvador García-Bodaño, escritor galego. 29 de setembro - Jerry Lee Lewis, músico estadounidense. 12 de outubro - Luciano Pavarotti, cantor italiano de ópera (m. 2007) 30 de outubro - Agota Kristof, escritora húngara en lingua francesa. 9 de novembro - Alain Delon, actor francés 1 de decembro - Woody Allen, director de cine, cómico e músico estadounidense. 30 de decembro - Omar Bongo, presidente do Gabón

Mortes 26 de xaneiro - José Sánchez Guerra, político español. 2 de febreiro - Jacobo Varela de Limia, avogado, xornalista e político galego (n. 1878). 12 de febreiro - Georges Auguste Escoffier, foi un chef francés, restaurateur e escritor que popularizou e renovou os métodos tradicionais da culinaria francesa.(n.1846) 20 de febreiro - Ernesto Caballero Bellido, micrógrafo castelán (n. 1858). 21 de febreiro - Xosé Eiroa, escultor galego (n. 1892). 28 de febreiro - Chiquinha Gonzaga, compositora e pianista brasileira (n. 1847). 16 de marzo - John James Richard Macleod, médico escocés, Premio Nobel (n. 1876). 15 de maio - Kasimir Malevich, pintor ruso. 17 de maio - Paul Dukas, compositor francés. 19 de maio - Thomas Edward Lawrence, Lawrence de Arabia, militar, arqueólogo e escritor británico. 21 de maio - Jane Addams, socióloga estadounidense, Premio Nobel da Paz en 1931 (n. 1860). 24 de maio - Eloy Luís André, filósofo e psicólogo galego. 31 de maio - Constante Amor Neveiro, sacerdote e xornalista galego (n. 1862). 24 de xuño - Carlos Gardel, cantante de tangos arxentino (n. 1890). 1 de xullo - Genaro Moreda Martínez, farmacéutico, xornalista e político galego. 3 de xullo - André Citroën, enxeñeiro francés, pioneiro da industria automobilística. 10 de xullo - Varfolomei Remov, bispo ortodoxo ruso converso ao catolicismo, fusilado (n. 1888). 12 de xullo - Alfred Dreyfus, militar francés célebre polo "Caso Dreyfus" (n. 1859). 23 de xullo - Teodoro Morgade, escritor galego (n. 1915). 24 de xullo - Ángel García Valerio, avogado e político galego (n. 1850).

4 de outubro - Jean Béraud, pintor impresionista francés.

20 de outubro - Arthur Henderson, político e sindicalista británico, premio Nobel da Paz en 1934 (n. 1863) 30 de novembro - Fernando Pessoa, poeta e ensaísta portugués. 4 de decembro - Charles Robert Richet, médico francés, premio Nobel de Medicina en 1913. 13 de decembro - Victor Grignard, químico francés, premio Nobel de Química en 1912 (n.1871). 14 de decembro - Stanley G. Weinbaum, escritor norteamericano de ciencia ficción (n. 1902) 22 de decembro - Victorino Abente Lago, escritor galego (n. 1846). 24 de decembro - Alban Berg, compositor austríaco.

Premios Nobel

Física: James Chadwick Química: Frédéric Joliot e Irène Joliot-Curie Fisioloxía ou Medicina: Hans Spemann Literatura: Non concedido Paz: Carl von Ossietzky

Outros

Historia ano a ano

Notas

Véxase tamén

Categoría:1935