Dian Fossey, nada en 1932 e finada en 1985, foi unha bióloga norteamericana.

Traxectoria Nada o 16 de xaneiro de 1932, obtivo o título en terapia ocupacional no San Jose State College no 1954, e trasladouse a Kentucky para traballar nun hospital que deixou polo impulso de visitar África, onde se reuniu co Dr. Leakey no 1963. En Ruanda creou o Centro de Investigación Karisoke no 1967. No 1974 obtivo o doutoramento en Cambridge.

Esta primatóloga norteamericana estivo interesada na vida dos gorilas, completando diversos estudos sobre varios grupos destes animais a partir da súa observación diaria nos bosques de montaña na contorna de Ruanda.

Foi atopada asasinada o 26 de decembro de 1985. Hai evidencias que relacionan a súa morte coa súa defensa dos gorilas e o seu hábitat.

É famosa a súa memoria “Gorilas na néboa”, de fondo científico, que foi levada ó cine de xeito novelado no filme Gorillas in the Mist: The Story of Dian Fossey, protagonizado por Sigourney Weaver.

Véxase tamén Outros artigos Gorillas in the Mist: The Story of Dian Fossey

Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Antropólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América