Leonardo da Vinci (), nado en Anchiano, Toscana (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519,Friedenthal (1986), p. 9 foi un artista florentino e destacado polímataPolímata: Persoa que coñece, comprende ou sabe moito. en diferentes eidos: foi pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico,Antonio Falchi, Leonardo musicista, Società editrice Dante Alighieri, 1902. ISBN non dispoñibleMariangela Mazzocchi Doglio, Leonardo e gli spettacoli del suo tempo, Electa, 1983. pp.14-20. ISBN 88-435-0956-X Emanuel Winternitz, Leonardo da Vinci as a Musician, EUA: Yale University Press, 1982. ISBN 978-0-300-02631-3 icona do Renacemento italiano. miniatura|Estatua de Leonardo da Vinci na Galería Uffizi. Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva,Helen Gardner, Art through the Ages, Harcourt, Brace and World, 1970. Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.Segundo Vasari, Boltraffio, Castiglione, Gaddiano, Berensen, Taine, Fuseli, Rio, Bortolon e outros indican nas súas obras sobre Leonardo.

É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica.Quince é a cifra aceptada pola maioría dos historiadores da arte. A atribución doutras obras a Leonardo da Vinci aínda está suxeita a debate. Este reducido número de creacións, xunto cos seus cadernos que conteñen debuxos, diagramas científicos e reflexións sobre a natureza da pintura, constitúen un legado para as sucesivas xeracións de artistas, só igualado, salvando as distancias, unicamente por Michelangelo.

A pegada de Leonardo na historia da arte europea é bastante profunda. Algunhas técnicas desenvolvidas por el, destacadamente o sfumato e o clarescuro, tornáronse unha regra para a pintura dos séculos vindeiros.

Como enxeñeiro e inventor, Leonardo desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo, tales como o helicóptero, o carro de combate, o submarino e o automóbil. Moi poucos dos seus proxectos chegaron a construírse (entre eles a máquina para medir o límite elástico dun cable),Algúns dos inventos máis prácticos de Leonardo da Vinci están expostos en estado de funcionamento nos museos. xa que a maioría aínda non eran realizables nesa época.A visión científica moderna da metalurxia e da enxeñería achábase en estado embrionario na época do Renacemento. Como científico, Leonardo da Vinci fixo progresar moito o coñecemento nas áreas da anatomía, a enxeñaría civil, a óptica e a hidrodinámica.

No ano 2008 foi elixido, nunha enquisa elaborada co motivo da celebración do Día de Europa en 50 países europeos, o personaxe máis influente na sociedade europea actual. Nun estudo realizado en 1926 o seu cociente intelectual (CI) foi estimado en cerca de 180.Sharp, Evelyn. The IQ cult, Coward, McCann & Geoghegan, 1972.Salazar, Horacio. El ombligo de Edipo, Fondo Editorial de Nuevo León, 1991. ISBN 968-6211-30-6, ISBN 978-968-6211-30-6

Traxectoria

Infancia miniatura|upright=0.8|Casa natal de Leonardo. miniatura|upright=0.8|A pía bautismal onde foi bautizado Leonardo da Vinci. Leonardo da Vinci naceu o sábado , «na terceira hora da noite», é dicir, tres horas despois do Avemaría, o que sería ás 22:30,(en francés) Capítulo 1: "Il était une fois à Vinci" de Alessandro Vezzosi, Léonard de Vinci : art et science de l'univers, Gallimard, 1996. no castelo de Vinci, preto de Florencia, produto dunha relación amorosa ilexítima entre o seu pai, Messer Piero Fruosino di Antonio da Vinci (1427 – 1504), notario, chanceler e embaixador da República de Florencia e descendente dunha rica familia de notables italianos, e da súa nai, Caterina (1427 circa – 1495 circa), unha humilde rapaza cuxa familia campesiña habitaba na pequena localidade toscana de Anchiano, situada a dous quilómetros de Vinci,Vinci está a oitenta quilómetros de Florencia e a cincuenta quilómetros de Pisa. no territorio da provincia de Florencia, en Italia.Ottino della Chiesa (1967), pp. 88-90Vezzosi (1997) Un estudo de 2006 indica que é probable que Caterina fose unha escrava orixinaria de Oriente Medio.Segundo Alessandro Vezzosi, director do museo Leonardo da Vinci, está probado que Piero era propietario dunha escrava de Oriente Medio chamada Caterina, que foi nai dun neno chamado Leonardo. Esta tese de que Leonardo tiña sangue árabe está soportada pola reconstrución dunha pegada dixital:

Leonardo, ou Lionardo segundo o seu nome de bautizo, tivo cinco madriñas e cinco padriños, todos eles habitantes da vila. O bautismo tivo lugar na próxima igrexa parroquial de Santa Croce, pero tanto o pai coma a nai estiveron ausentes, xa que non estaban casados.Magnano (2007), p. 138 Pouco se sabe sobre os primeiros anos da vida de Leonardo. Pasou os primeiros cinco anos na aldea de Anchiano na casa da súa nai, ata que en 1457 ela casou con Antonio di Piero Buti del Vacca da Vinci, un campesiño da localidade co que tivo cinco fillos, e foi acollido entón na casa da familia do seu pai na vila de Vinci, onde foi tratado como un fillo lexítimo.Les grandes découvertes, série connaissances et vie, éditions Christophe Colomb, 1984. Neste lugar, Leonardo recibiu instrución, aprendeu a ler e escribir, e adquiriu coñecementos de aritmética. Con todo, practicamente non aprendeu latín, base do ensino tradicional. O feito de que tivese unha ortografía caótica mostra que a súa instrución non estivo exenta de lagoas; en todo caso non foi a dun universitario.Gille (1960)

Entre tanto, en 1452, o pai casou cunha moza de dezaseis anos proveniente dunha familia rica de Florencia, Albiera degli Amadori. Esta, ao non ter fillos, envorcou o seu afecto en Leonardo, pero morreu sendo moi nova debido a complicacións dun parto, en 1464. Aínda que era considerado plenamente desde o seu nacemento como fillo do seu pai, Leonardo nunca foi recoñecido formalmente como fillo lexítimo. O seu pai casou ata catro veces, dándolle dez irmáns e dúas irmás lexítimas. Destas relacións, o pequeno Leonardo tivo un moi bo vínculo coa última muller do seu pai, Lucrezia Guglielmo Cortigiani, afecto que se evidencia nunha nota onde se dirixe a ela como «querida e doce nai». miniatura|esquerda|200px|Leonardo da Vinci. Gravado de autor anónimo.The Hundred Greatest Men. Nova York: D. Appleton & Company, 1885. Hai que subliñar que este gravado está baseado nunha pintura dun artista descoñecido que á súa vez seguía un debuxo en xeso vermello que se cre que era un autorretrato de Leonardo. Este gravado é unha imaxe que representa a Leonardo, non é un verdadeiro retrato. Naquela época, as convencións modernas nos nomes de persoas non se desenvolveran aínda en Europa, polo que unicamente as grandes familias facían uso do apelido patronímico. A xente da vila adoitaba ser designada polo seu nome, ao que se lle engadían todo tipo de precisións útiles: o nome do pai, o lugar de orixe, un alcume, o nome do mestre no caso dos artesáns etc. Por conseguinte, o nome do artista foi «Leonardo di ser Piero Da Vinci», cuxo significado é «Leonardo, fillo do mestre Piero De Vinci»; con todo, o termo «Da» leva unha maiúscula para denotar que se trata dun apelido. O propio Leonardo asinaba simplemente as súas obras como «Leonardo» ou «Io, Leonardo» (Eu, Leonardo), así que a maioría das autoridades atribúen as súas obras a «Leonardo» sen o «da Vinci», e é verosímil que se abstivese de empregar o apelido do seu pai por ser fillo ilexítimo. Vinci provén de vinchio ou vinco, denominación que reciben unhas plantas similares aos xuncosO vimbio, Salix viminalis, segundo calquera dicionario regular de italiano, que crecen na contorna do regato Vincio e que eran utilizadas polos artesáns toscanos.

A súa avoa paterna, Lucia di ser Piero di Zoso, unha ceramista próxima a Leonardo, foi probablemente a persoa que o iniciou nas artes. Un coñecido presaxio refire que un miñato chegando do ceo fixera un voo estacionario sobre o seu berce, tocando a súa cara coa cola.Sigmund Freud, Un recordo infantil de Leonardo da Vinci.

Giorgio Vasari, biógrafo do século XVI dos pintores do Renacemento, conta en Le Vite (1568), a historia dun campesiño local que pediu a ser Piero«ser Piero» refírese ao seu pai; «ser» é unha contracción do latín «senior» («signore»), e era un pequeno título para notarios e clérigos. que o seu talentoso fillo lle pintase unha imaxe sobre unha placa. Leonardo pintou entón unha representación dun dragón chuspindo lume, tan ben realizada que ser Piero vendeuna a un mercador de arte florentino, quen á súa vez a revendeu ao duque de Milán. Logo de conseguir un beneficio, ser Piero comprou unha placa decorada cun corazón atravesado por unha frecha e entregoulla ao campesiño.Giorgio Vasari, Le Vite, 1568 ; reeditado por Penguin Classics con tradución de George Bull en 1965. Esta historia, así e todo, ten que ser tomada con cautela porque, como Paul Barolsky di, moitas historias de Le Vite son meras invencións poéticas.Paul Barolsky, profesor de arte e literatura do Renacemento italiano na Universidade de Virxinia , Le génie littéraire de Giorgio Vasari, (en galego, O xenio literario de Giorgio Vasari), conferencia no Auditorio do Louvre, o 26 de setembro de 2011 . Ver tamén Paul Barolsky, Why Mona Lisa Smiles and Other Tales by Vasari (en galego, Por que a Mona Lisa sorrí e outros contos de Vasari), The Pennsylvania State University Press (1991) resumo en liña

Formación no taller de Verrocchio

miniatura|300px|Paisaxe do val do Arno. Este debuxo a pluma, o máis antigo que se conserva de Leonardo, está datado da súa propia man empregando escritura especular: «O día da nosa Señora das Neves, 5 de agosto de 1473». Identificouse a comarca reproducida nel como unha rexión montañosa próxima a Vinci. Ao dorso aparece a anotación «Estou satisfeito [...]». Galería Uffizi, Florencia. O mozo Leonardo era un amante da natureza, a cal observaba con gran curiosidade e interesábase por todo. Debuxaba caricaturas e practicaba a escritura especular en dialecto toscano. Giorgio Vasari conta unha anécdota sobre os primeiros pasos na carreira artística do grande artista: «Un día, ser Piero tomou algúns dos seus debuxos e amosoullos ao seu amigo Andrea del Verrocchio e pediulle insistentemente que lle dixese se Leonardo se podería dedicar á arte do debuxo e se podería conseguir algo nesta materia. Andrea sorprendeuse moito dos extraordinarios dons de Leonardo e recomendoulle a ser Piero que lle deixase escoller este oficio, de maneira que ser Piero resolveu que Leonardo entraría a traballar no taller de Andrea. Leonardo non se fixo rogar; e, non contento con exercer este oficio, realizou todo o que se relacionaba coa arte do debuxo». Foi así como, a partir de 1466, Leonardo entrou de aprendiz nun dos obradoiros de arte máis prestixiosos baixo o maxisterio de Andrea di Cione, coñecido como Verrocchio, a quen lle debe parte da súa excelente formación multidisciplinaria, na que se aproxima a outros artistas como Sandro Botticelli, Perugino ou Domenico Ghirlandaio.Bortolon (1967)Daniel Arasse. Leonardo da Vinci, Konecky & Konecky, 1997. En efecto, a finais de 1468, aínda que Leonardo estaba empadroado como residente do municipio de Vinci, viaxaba moi a miúdo a Florencia, onde traballaba o seu pai.