miniatura Margaret Cavendish, nada en 1623 e finada o 15 de decembro de 1673, foi unha escritora en lingua inglesa e Duquesa de Newcastle.
Traxectoria Non recibiu unha educación diferente doutras nenas acomodadas da época. Con todo, destacou no seu interese pola ciencia natural e matemática. Exiliada coa súa familia por cuestións políticas en París no 1642, coñeceu e casou con William Cavendish, no 1645, co que desenvolveu a súa actividade e formou parte do grupo científico e intelectual da cidade. Coa restauración, o seu marido foi nomeado Duque de Newcastle, volvendo a Inglaterra. O seu campo de actuación abrangue a poesía, filosofía, ensaio... incluíndo a que se considera precursora das novelas de ficción científica, The Blazing World. Editou a súa obra co seu propio nome, en contra do usual na época nas familias acomodadas, e é a única muller inglesa da época que publicou máis dun libro. Dentro da súa faceta científica destaca a publicación de Observations upon Experimental Philosophy no 1668.
Véxase tamén Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)
Notas
Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en 1623 Categoría:Finados en 1673 Categoría:Nobres de Inglaterra Categoría:Nados en Inglaterra