Gerty Theresa Cori, nada en Praga o 15 de agosto de 1896 e finada en St. Louis (Missouri) o 26 de outubro de 1957, foi unha bioquímica estadounidense.
Traxectoria Gerty Theresa Radnitz naceu no seo dunha familia xudía. O seu pai, Otto Radnitz, foi un químico que se converteu en xerente dunha refinaría de azucre despois de inventar un exitoso método de refinación. A súa nai, que contaba entre os seus amigos a Franz Kafka, era unha muller culta e sofisticada. Realizou os primeiros estudos en casa con profesores particulares e posteriormente foi inscrita nun colexio para nenas, cando tiña 16 anos de idade decidiu que quería ser médico. Animada por un tío materno, profesor de Pediatría na universidade, estudou e aprobou o exame de admisión da universidade para asistir á escola de Medicina.
Foi admitida na Facultade de Medicina da Universidade alemá Carl Ferdinand en Praga en 1914 Altschuler e Ballesteros (2016) e obtivo o doutoramento en Medicina en 1920. Mentres estudaba na universidade coñeceu a Carl Cori, e casaron en 1920, despois de graduarse, e Gerty converteuse ao catolicismo, que era a relixión de Carl. Despois da voda mudáronse a Viena, Austria, onde Gerty pasou os seguintes dous anos traballando no Children' s Carolinen Hospital, mentres Carl traballaba nun laboratorio.
Durante a súa estancia no hospital traballou na unidade de Pediatría e ademais levou a cabo investigacións no campo da regulación da temperatura, o comparativo de temperaturas antes e despois do tratamento de patoloxía tiroidea e publicou artigos sobre trastornos do sangue. A vida volveuse moi difícil despois da primeira guerra mundial, Gerty mesmo sufriu xeroftalmía, unha enfermidade dos ollos ocasionada por deficiencia de vitamina A, causada pola severa desnutrición que lle provocou a escaseza de alimentos. Estes problemas, xunto co crecente antisemitismo, contribuíron a que a parella decidise abandonar Europa.
Carreira nos Estados Unidos. En 1922, emigraron aos Estados Unidos — Gerty seis meses despois de Carl, debido á dificultade para obter un emprego— para dedicarse á investigación médica no State Institute for the Study of Malignant Diseases —Instituto Estatal para o Estudo de Enfermidades Malignas, actualmente Roswell Park Cancer Institute— en Búfalo, Nova York. En 1928, convertéronse en cidadáns naturalizados dos Estados Unidos. National Library of Medicine. «Dr. Gerty Theresa Radnitz Cori» (en inglés). Nih.gov.
Aínda que eran desalentados a traballar xuntos en Roswell, seguiron facéndoo, e especializáronse na investigación do metabolismo dos carbohidratos. Estaban particularmente interesados en como se metaboliza a glicosa no corpo humano e nas hormonas que regulan este proceso. Publicaron cincuenta artigos mentres estiveron en Roswell, presentaban en calidade de primeiro autor a quen fixera a maior parte da investigación para un determinado estudo. Gerty Cori publicou once artigos como único autor. En 1929, propuxeron o ciclo teórico que máis tarde lles fixo gañar o Premio Nobel, o ciclo de Cori. O ciclo describe a forma en que o corpo humano utiliza algunhas reaccións químicas no tecido muscular, para romper carbohidratos como o glicóxeno—un derivado da glicosa— en ácido láctico, mentres ao mesmo tempo sintetízanse outros.
Os Cori deixaron Roswell despois de publicar o seu traballo sobre o metabolismo dos carbohidratos. Algunhas universidades ofrecéronlle unha posición a Carl, pero negáronse a contratar á súa esposa. Durante unha das entrevistas, Gerty foi informada que se consideraba «pouco estadounidense» que unha parella de esposos traballase xuntos. En 1931, mudáronse a St Louis, Missouri, onde lle ofreceron a Carl un posto como investigador na Escola de Medicina da Universidade de Washington. A pesar dos seus antecedentes, a Gerty ofrecéronlle soamente un posto como investigadora asociada, cun soldo que correspondía á décima parte do que gañaba Carl,ademais advertíronlle que podía prexudicar a carreira do seu marido. En 1943, foi nomeada profesora asociada de investigación en Bioquímica e Farmacoloxía. Meses antes de que gañase o Premio Nobel foi ascendida a profesor titular, cargo que ocupou ata a súa morte en 1957.
Continuaron traballando en colaboración na Universidade de Washington. Nas súas análises con músculo de ra moído, descubriron un composto intermedio que permitía a degradación do glicóxeno, chamado glicosa-1- fosfato agora coñecido como o éster de Cori. Estableceron a estrutura do composto, identificaron a encima que cataliza a súa formación química, a glicóxeno fosforilase, e demostraron que o éster de Cori é o paso inicial na conversión do carbohidrato glicóxeno en glicosa —do que existen grandes cantidades no fígado—. Tamén pode ser o último paso na conversión da glicosa sanguínea en glicóxeno, xa que é un proceso reversible.
Recoñecementos Obtivo o Premio Nobel de Medicina en 1947 canda a Carl Ferdinand CoriGerty Cori - Biography nobelprize.org, seu marido, pola súa descuberta da conversión catalítica do glicóxeno, tras o seu desenvolvemento profesional na Universidade de Washington en St. Louis (Missouri).
O cráter Cori na Lúa foi nomeado na súa honra.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1
Outros artigos Lista de mulleres gañadoras do Premio Nobel Efecto Matilda Ciclo de Cori
Ligazóns externas La doctora reconocida, Gerty Cori (1896-1957) no blog Mujeres con Ciencia
Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Bioquímicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1896 Categoría:Nados en Praga Categoría:Finados en 1957 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América