Margaret E. Knight, nada en York, Maine, o 14 de febreiro de 1838 e finada o 12 de outubro de 1914, foi unha inventora estadounidense.

Traxectoria Creou uns 90 inventos e 26 patentes, incluída unha máquina para fabricar bolsas de papel. Por este motivo foi chamada a 'raíña das bolsas de papel'. O seu primeiro invento patentouno á idade de 30 anos, aínda que se lle coñecen trebellos caseiros xa na súa xuventude, incluídos xoguetes para os seus irmáns. É considerada a 'Edison' feminina', abarcando o seu campo de invencións temas relacionados coa vestimenta, motores, prevención de accidentes nas fábricas, calzado, e outros.

A historia da 'raíña' é sinxela: despois comezar a traballar dende nena nunha fábrica de algodón, inventou o aparello para pregar, pegar e facer fondos cadrados para as bolsas, que anteriormente parecíanse ós sobres actuais, cun baixo aproveitamento do espazo interior. Fixo un modelo de madeira, pero necesitaba un en ferro para a patente. Un traballador na compañía que lle facía o modelo en ferro patentou a máquina e ella tivo que loitar legalmente ata consguir a patente en 1870. Ese mesmo ano fundou a súa propia e exitosa compañía, asociada cun home de negocios. A máquina orixinal inventada por ela para as bolsas está no Museo Smithsoniano en Washington.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2. Palacios, Mercedes (2020). Visionarias. Inventoras desconocidas. Ed. Bridge. ISBN: 9788416670888.

Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)

Ligazóns externas Margaret Ellen Knight (1838-1914) no blog Mujeres con ciencia

Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Maine Categoría:Nados en 1838