Nicole-Reine Etable de la Briere Hortense Lepaute, nada en París o 5 de xaneiro de 1723 e finada en Vanikoro o 6 de decembro de 1788, foi unha astrónoma francesa.

Traxectoria Traballou nas predicións do regreso do cometa Halley en 1759. Tal traballo requiriu gran cantidade de cálculo, especialmente para determinar o efecto gravitatorio de Xúpiter e Saturno na órbita do cometa. No 1762 fixo os cálculos para a eclipse de Sol de 1764, visible en Francia, así como produciu unha táboa que amosaba o tempo e porcentaxe da eclipse (visible en toda España), traballo no que axudou o astrónomo francés Joseph Lalande. Escribiu un artigo (publicado en Connaissance des temps) sobre el, dando un mapa da extensión da eclipse de 15 en 15 minutos a través de Europa.

O seu marido era reloxeiro real de Francia, e na súa axuda fixo unha táboa co número de oscilacións por unidade de tempo dos péndulos de distintas lonxitudes para o libro que se publicaría co nome do seu home, Traité d`horloguerie.

Notas

Véxase tamén Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)

Ligazóns externas

Nicole-Reine Etable Lepaute, matemática y astrónoma no blog Mujeres con ciencia

Categoría:Astrónomos de Francia Categoría:Nados en 1723 Categoría:Nados en París Categoría:Finados en 1788