miniatura|Gertrude Elion Gertrude Belle Elion, nada en Nova York o 23 de xaneiro de 1918 e finada en Chapel Hill o 21 de febreiro de 1999, foi unha bioquímica estadounidense.
Traxectoria Procedente dunha familia de inmigrantes xudeus, Gertrude B. Elion foi unha bioquímica e farmacóloga norteamericana que recibiu o Premio Nobel de Medicina no 1988, xunto con George H. Hitchings e Sir James Black. Graduouse no Hunter College no 1937 e traballou como asistente de laboratorio, primeiro nun centro de ensino e logo con Hitchings nunha compañía farmacéutica. Nunca obtivo o título universitario.
Soa ou con Hitchings sintetizou moitos novos fármacos, usando novos métodos a partir da diferenciación bioquímica entre células normais e patóxenas para poder matar ou inhibir a reprodución de patóxenos particulares sen prexudicar as células do hóspede, o que a levarían a liderar o equipo que logrou o anti-SIDA AZT.
Os seus inventos inclúen: 6-mercaptopurina, o primeiro tratamento para a leucemia. azatioprina, o primeiro axente immuno-supresivo, usado para transplante de órganos. allopurinol, para o tratamento da gota. pirimetamine, para a malaria. trimetoprim, para a meninxite, septicemia e infeccións bacterianas dos tractos respiratorios e urinarios. aciclovir, para o herpes vírico.
Amais do Nobel, recibiu a Medalla Nacional de Ciencia dos Estados Unidos e o Lemelson-MIT Lifetime Achievement Award, sendo a primeira muller (1991) en entrar no National Inventors Hall of Fame.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Mulleres e Premios Nobel
Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América